Relación Carbono – Nitróxeno

8 MAI 2019·2 MIN DE LECTURA
Relación Carbono – NitróxenoFOTO · TILOOM
Compartir

Tanto o carbono como o nitróxeno son elementos de gran importancia no ciclo dos seres vivos. Tanto é así que ata a proporción dun sobre o outro é un parámetro importante que mide a actividade microbiana de solos ou compost.

Tiloom - Relación Carbono - Nitróxeno - images
O solo é un material complexo e cada un compóñese de distintos elementos.

Antes de continuar é importante definir o cálculo da relación carbono nitróxeno. O número indica cantos átomos de carbono hai por cada átomo de nitróxeno. Por exemplo, nun bloque de materia que teña 100 átomos de carbono e 5 de nitróxeno diremos que a súa relación carbono – nitróxeno (C/N) é de 20. (100/5=20)

Coñecer o concepto carbono – nitróxeno é esencial para manexar correctamente o contido de materia orgánica dun solo ou dun compost.

Os microorganismos son os responsables de descompoñer a materia orgánica para o seu propio crecemento. O seu obxectivo é crear novos compostos a partir de subprodutos como restos de sega, excrecións animais ou a materia orgánica acumulada no solo polo crecemento da cuberta vexetal.

Este proceso chámase mineralización.

Para os microorganismos o carbono representa a enerxía necesaria para realizar os seus procesos celulares. Por outro lado, o nitróxeno son os ladrillos cos que constrúen as súas estruturas celulares.

Tiloom - Relación Carbono - Nitróxeno - soil microbes III
Os organismos microscópicos son protagonistas no ciclo da materia orgánica no solo.

A vida destes microorganismos é curta. Ao morrer deixan a materia complexa transformada en materia máis simple. Estas moléculas simples si poden ser absorbidas polas plantas con facilidade.

Saca mostras con mango de 18 cm de profundidade

A relación carbono nitróxeno que debe haber nun solo para que a mineralización sexa viable está arredor de 8 ou 10. Se estivese por riba de 10, os microorganismos, ao ter demasiado carbono dispoñible, poderían secuestrar o nitróxeno. O nitróxeno non quedaría libre porque, ao haber demasiado carbono, ao morrer unha bacteria outra ocuparía o seu lugar de inmediato. A planta non podería absorber nitróxeno e habería un déficit. E se a relación C/N fose menor de 8, a velocidade da mineralización podería ser excesivamente lenta.

Cando a relación carbono – nitróxeno está enfocada ao compostaxe a proporción aumenta. O profesor Peter Landschoot da Pennsylvania State University explica que a proporción debe estar próxima a 25 e nunca superar o 30.

O proceso de compostaxe e mineralización son esenciais para o desenvolvemento dos cultivos. Cando unha persoa traballa con este tipo de materiais é moi conveniente que coñeza os procesos e as variables que afectan á súa maduración. Por iso os laboratorios poden axudarte a coñecer a relación carbono – nitróxeno do teu solo ou da túa materia prima para corrixila se fose necesario.

#ACTIVIDADMICROBIANASUELO#CALIDADDELCOMPOST#CICLOMATERIAORGÁNICA#RELACIÓNCARBONONITRÓGENO#FERTILIDADDELSUELO

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.