Carbonato sódico residual: parámetro clave en augas de rega
FOTO · TILOOM
O Carbonato Sódico Residual, tamén coñecido como RSC, é un parámetro que estima a capacidade que ten unha auga de alcalinizar o medio que rega. Esa sobrealcalinización da auga arranca unha serie de reaccións químicas que acarrean unha gran cantidade de inconvenientes moi importantes para o desenvolvemento dos cultivos.
O desequilibrio do Carbonato Sódico Residual da auga pode ser crítico para o desenvolvemento do cultivo.
A ecuación que determina o Carbonato Sódico Residual suma os carbonatos (CO3–) e bicarbonatos (HCO3–) e resta os ións de calcio (Ca2+) e magnesio (Mg+2). O resultado total indica o exceso ou o defecto de poder alcalinizante. Os valores desexados de Carbonato Sódico Residual son sempre menores de 1.5 meq/l, sendo valores superiores a este considerados como perigosos.
RSC=(CO3–+HCO3–)-(Ca2++Mg+2)
Como se ve na ecuación, os ións de calcio e magnesio restan o valor do carbonato e bicarbonato, isto significa que se están en equilibrio o valor será próximo a cero ou negativo. Se non o están, haberá moito carbonato e bicarbonato libre e preparado para reaccionar.
En exceso de carbonatos e bicarbonatos, o calcio e o magnesio precipitan no solo en forma de carbonato cálcico e carbonato magnésico. Este efecto provoca que a Relación de Absorción de Sodio (SAR) aumente, como se pode deducir da seguinte ecuación. Ao reducirse o divisor dentro dunha raíz cadrada o resultado medra de forma exponencial.
Un elevado SAR e PSI colmata as bases de cambio, provoca a dispersión do solo, e pode tanto secuestrar outros elementos para que a planta os absorba, como acabar producindo fitotoxicidade polo exceso de sodio.
Un dos riscos de todo o proceso entre o solo e a auga débese á tendencia das partículas de arxila a absorber o sodio e liberar os ións de magnesio e calcio. Resultando nun solo pouco permeable debido a este intercambio iónico. Debilitando a estrutura do solo e provocando serios problemas na drenaxe.

Ante augas con alto RSC a acción debe ser inmediata para evitar problemas severos.
Outro problema moi importante das augas carbonatadas e dos solos con pouco calcio e magnesio é a formación de ións HO–. O ión hidroxilo aumenta o pH do solo no que se atopa debido ás seguintes reaccións de hidrólise.
Na2CO3 ————> 2 Na++ CO3
CO3 +HOH ———–> HCO3–+ OH–
HCO3– +HOH ———–> H2CO3– + OH–
Este aumento do pH debido ao Carbonato Sódico Residual resulta no bloqueo dos elementos nutricionais no solo. Polo que axiña aparecen as carencias, os problemas de crecemento e de mantemento do cultivo.

Existen solucións ante un Carbonato Sódico residual elevado.
Case nunca se pode elixir a auga coa que regar, pero no seu lugar si existen métodos cos que combater estes problemas:
- A inxección de ácidos como o ácido sulfúrico permite separar os ións bicarbonato (pH arredor de 6.2) liberando o carbono como CO2. Esta vía axuda ao equilibrio e permite que o calcio e o magnesio permanezan nunha relación máis equilibrada co sodio do solo.
- As enmendas de xeso (CaSO4·2H2O) son unha solución perfecta en solos con boa drenaxe, para solos con drenaxe.
- As enmendas de sulfato cálcico CaSo4 tamén con solos drenantes.
A enmenda debe ser sempre o máis fina posible e a súa efectividade é máis alta en solos drenantes, o que facilita que a auga distribúa o material. Se o solo non fose nada drenante, é posible ter que mesturar fisicamente a enmenda co solo para que o efecto coagulante sexa máis rápido e non se xere un horizonte cálcico.



