As formas naturais de nitróxeno
FOTO · TILOOM
Todo o mundo sabe que o nitróxeno é un elemento fundamental no desenvolvemento do ciclo dos vexetais. Pero, cales son as formas naturais de nitróxeno no solo? Imos velo.
A forma de absorción do nitróxeno por parte das plantas vén dada como NH4 +, NO2‒ e NO3‒, é dicir, moléculas inorgánicas. Pero estas formas, como sempre ocorre, non son nada frecuentes nos solos. Normalmente combátese esta deficiencia en base a fertilización sintética. Pero existen formas de manter o nivel deste elemento estable, a nitroxenación.
As formas inorgánicas do nitróxeno son extremadamente lavables e duran moi pouco no perfil.
Cales son as fontes de nitróxeno para os nosos cultivos?
- A atmosfera é unha fonte incriblemente abundante de nitróxeno. Este elemento forma o 78% da composición do aire e afortunadamente as bacterias do xénero Rhizobium son quen de fixar nitróxeno no solo. Desgraciadamente isto é relevante sobre todo en cultivos de leguminosas e noutros cultivos o efecto é moito menor.
- Todos os compoñentes orgánicos (construídos en base ao carbono) do solo teñen nitróxeno. Desde os máis estables e lentamente mineralizables como o humus, ata os máis degradables como a materia vexetal ou os animais en descomposición, están compostos de nitróxeno que nalgún momento será mineralizado e poderá ser absorbido pola planta.
| Forma do nitróxeno | Símbolo | Uso en solo e planta |
|---|---|---|
| Dinitróxeno (Nitróxeno atmosférico) |
N2 | O N2 é a forma máis común. Representa o 78 por cento da atmosfera, pero as plantas non poden usalo sen os procesos previos do ciclo do nitróxeno. As bacterias, algunhas algas e os raios son vectores que o fixan ao solo. |
| Nitrato | NO3 | O nitrato é a forma de nitróxeno máis utilizada polas plantas para o crecemento e o desenvolvemento. A súa contrapartida é que é altamente lavable e pérdese facilmente. |
| Nitróxeno amonio | NH4 | O amonio absorbido polas plantas tamén se usa directamente, é lavable pero menos ca o nitrato. |
| Nitróxeno orgánico | C-NH2 (C é un complexo orgánico) |
O nitróxeno orgánico ten infinitas formas concretas. Transfórmase en amonio e nitratos lentamente por microorganismos. |
A temperatura e a humidade afectan significativamente á concentración de materia orgánica (M.O.) nos solos. As temperaturas altas aumentan a mineralización e diminúen a concentración de M.O. A humidade alta tamén aumenta a mineralización pero estimula o crecemento vexetativo ao mesmo tempo.
- O ciclo do nitróxeno comeza co nitróxeno na súa forma estable máis simple, o dinitróxeno (N2) atmosférico. A través dos procesos de fixación como a mineralización, nitrificación, lixiviación, asimilación de plantas, volatilización de amoníaco, desnitrificación e inmobilización constrúese o ciclo.
Para poder entender o ciclo do nitróxeno no solo é importante comprender cales son os procesos de transformación deste elemento tan importante para a vida. Os procesos fundamentais son 4:
- Fixación: o nitróxeno atmosférico fíxase por dúas vías. Toma presenza no solo a través de bacterias que fixan ións de amonio no solo e as tormentas eléctricas nitrifican o nitróxeno atmosférico que precipita de forma masiva no solo.
- Descomposición: todos os seres vivos teñen na súa composición nitróxeno cuxa fonte primaria foron as bacterias fixadoras do nitróxeno. Cando morren, ese nitróxeno queda dispoñible para que outro individuo faga uso del, na súa maioría microorganismos descompoñedores que producen amoníaco que posteriormente se nitrifica.
- Nitrificación: outras bacterias, esta vez chamadas nitrificantes, converten o amoníaco en nitritos e nitratos, elementos absorbibles polos cultivos.
- Desnitrificación: as bacterias desnitrificantes converten os nitratos (NO3-) en nitróxeno gasoso (N2) que é liberado á atmosfera. Estas bacterias usan o osíxeno do nitrato como fonte de enerxía para os seus procesos oxidativos.



