Expresar a dose do recebado / topdressing
FOTO · TILOOM
Expresar a dose do recebado / topdressing é un mero trámite para deixar claro no caderno de campo cales son os pasos que se seguiron durante o mantemento.
O recebado de area / topdressing é a aplicación dunha capa uniforme de area sobre unha superficie de céspede.
Cos recebados conséguense distintos obxectivos como:
- Axuda á descomposición orgánica do thatch. Ao introducirse a area entre o bloque do thatch, os microorganismos teñen un material resultante cun maior índice de macroporosidade. Isto facilita o intercambio gasoso e acelera a súa descomposición.
- Axuda a nivelar a superficie de xogo.
- Nas superficies de céspede C4 en latitudes temperadas pode sufrir durante a latencia invernal. Os recebados axudan a illar a planta para que non morra.
- Mellora a textura do solo en superficies arxilosas e francas se se realiza tras labores como os pinchados ocos.
- Dilúe a materia orgánica producida pola alta densidade de plantas. Moitos individuos morren durante a tempada deixando a súa materia no solo.

Hai unhas semanas o Asian Turfgrass Center explicou por que expresar a dose de recebado na altura de area que se aplica era o máis óptimo.
Nos cadernos de campo arredor do mundo atópase como:
- toneladas/ha
- toneladas cada 1000 ft²
- Camións/ha
- kg/green
- m³/m²
- Ou calquera outra imaxinativa forma de expresar unha dose
O Asian Turfgrass Center recomenda expresar os recebados como profundidade en milímetros, xa que estandariza todas as aplicacións sen importar a masa da area, o tipo de area ou o seu contido de humidade e independentemente da área na que se estende a area.
Permite tamén facilitar o cálculo da dilución da materia orgánica. Se nos 20 primeiros milímetros existe un 8% en masa de materia orgánica, a adición de 1 mm de area reducirá esa porcentaxe un 5%. Xa que a area engadida representa un 5% de altura extra sen materia orgánica.
8-8*0.05=7,6%
Un recebado pódese expresar de tantas formas como un queira, desde a máxima imprecisión de facelo por camións ata expresalo na altura de area aplicada (mm), como se se tratase de chuvia.
E por último, expresar os recebados como a capa aplicada axuda ao resto de greenkeepers a comprender como se están obtendo eses resultados para poder adoptar as súas prácticas.



