Augas depuradoras para rega (V). Microbioloxía da auga
FOTO · TILOOM
A microbioloxía das augas depuradas é un aspecto a ter moi en conta cando se utilizan augas depuradas para rega, debido á posibilidade de contaminación por diferentes microorganismos patóxenos que poden afectar á saúde dos nosos operarios de rega ou incluso aos nosos usuarios de instalacións deportivas, sexan golfistas, futbolistas ou outros.
Os grupos biolóxicos máis importantes a ter en conta son os seguintes:
- Virus, tales como Poliovirus, Hepatitis A, Echovirus, Cocksacckie ou Rotavirus, que poden producir enfermidades como poliomielite, hepatite, febres e diarrea, vómitos e gastroenterite.
- Bacterias, tales como Vibrio cholerae, Salmonella typhi, Salmonella parat, Shigella spp, Leptospira spp, capaces de provocar enfermidades como cólera, tifo, paratifoides, disentería bacilar ou febre.
- Protozoos, tales como Entamoeba histolytica, Giarda lamblia, que producen enfermidades hepáticas ou diarreas. O Cryptosporidium é un protozoo parasito que pode ocasionar a enfermidade criptosporidiose. A Giardia produce a giardiase, enfermidade diarreica. Ambas as dúas enfermidades intestinais son as máis comunmente transmitidas pola auga. Estes protozoos, ademais, non se eliminan facilmente da auga cos tratamentos químicos comunmente aplicados

Investigacións ecolóxicas puxeron de manifesto que a bacteria Escherichia coli indica que a auga tivo unha contaminación fecal e que, polo tanto, existe o risco de que esa auga estea contaminada por microorganismos de procedencia entérica.
Temos que ser moi responsables coa calidade da auga que botamos sobre o noso céspede polas consecuencias e responsabilidades nas que nos poderemos ver afectados se perdemos o seu control.
Dado que estes son difíciles de determinar, Escherichia coli resultou ser un marcador ideal na análise microbiolóxica das augas (microorganismo indicador). Así preséntanse coliformes totais e coliformes fecais.

Os bioensaios son tests de toxicidade e consisten en ver como se modificou, polo uso da auga, a capacidade desta de desenvolver organismos vivos. Un exemplo é o baseado na medida da inhibición da mobilidade e da capacidade reprodutiva do crustáceo planctónico Daphnia magna en presenza de tóxicos.

O microtox é un ensaio de toxicidade por bioluminiscencia, “Microtox”, que se basea na medida da redución da emisión de luz da bacteria luminiscente Vibrio fischeri en presenza de substancias tóxicas.
Non descuides facer análises de auga frecuentes no teu campo. Nestas épocas de verán as EDAR están traballando ao máximo rendemento debido aos picos de poboación que xera o turismo. Consúltanos en info@tiloom.com se tes algunha dúbida a este respecto sobre a calidade da auga na túa instalación.



