Augas depuradas para rega (VI). Desinfección
FOTO · TILOOM
A desinfección das augas depuradas significa a extracción, desactivación ou eliminación dos microorganismos patóxenos que existen na auga.
A desinfección lógrase mediante desinfectantes químicos e/ou físicos. Estes axentes extraen contaminantes orgánicos da auga, que son nutrientes para os microorganismos. Os desinfectantes non só deben matar os microorganismos, senón que deben ademais ter un efecto residual, que significa que se manteñen como axentes activos na auga despois da desinfección para previr o crecemento dos microorganismos nas tubaxes de rega.
No ano 1680 Anthony van Leeuwenhoek desenvolveu o microscopio e o descubrimento dos microorganismos considerouse unha curiosidade. Pasarían outros douscentos anos ata que os científicos utilizaran este invento, o microscopio, para a identificación e comparación dos microorganismos e doutros patóxenos.
Entre os desinfectantes químicos atópanse o cloro e o ozono, pero, por outro lado, como desinfectantes físicos podemos nomear a luz ultravioleta, as radiacións electrónicas, os raios gamma, a calor, etc..
A desinfección por cloro baséase no poder de oxidación dos átomos de osíxeno libre e nas reaccións de substitución do cloro. Dependendo do pH da auga, o cloro estará en forma de hipocloroso (desinfección óptima), se estamos na franxa de 5.5<pH<7.5, ou en forma de hipoclorito (desinfección deficiente) cando se está preto de pH 8. A pH 7.5 as concentracións dun e doutro igualanse. As doses veñen condicionadas pola cantidade de materia orgánica na auga, o pH, o tempo de contacto e a temperatura. Como referencia para augas residuais tratadas: 2 a 8 ppm.

A desinfección por radiación ultravioleta é un procedemento físico, que non altera a composición química. A radiación máis xermicida é aquela cunha lonxitude de onda de 254 nm. O ADN exposto a esta enerxía presenta un máximo de absorción, producíndose unha inactivación irreversible no crecemento dos xermes. A seguridade da desinfección U.V. está probada cientificamente e constitúe unha alternativa segura, eficaz, económica e ecolóxica fronte a outros medios de desinfección como a cloración. A referencia de custos de reposición de lámpadas está en uns 0,00674 euros/metro cúbico.

A molécula de ozono, O3, fórmase pola unión dunha molécula de osíxeno cun átomo libre de osíxeno. Os átomos libres, e consecuentemente o ozono, son o resultado da disociación das moléculas de osíxeno cando estas se ven sometidas a unha forte descarga eléctrica. Mediante o ozono podemos diminuír a carga orgánica da auga, ademais de oxidar e axustar a turbidez, os sólidos en suspensión, etc… Os equipos xeradores de ozono forman unha corrente de ozono por medio do osíxeno do aire e que se inxecta na auga que queremos tratar.

Se necesitas máis información sobre desinfección de augas non dubides en contactar connosco e explicarémosche con gusto como este procedemento pode axudar ao teu campo de golf ou campo de fútbol.



