BOMBEOS I. Definicións prácticas.

5 XAN 2018·2 MIN DE LECTURA
BOMBEOS I. Definicións prácticas.FOTO · TILOOM

O emprego de bombeos require o coñecemento de definicións prácticas. De aspectos esenciais como son a capacidade ou caudal, a altura de elevación, o rendemento e a potencia absorbida.

  • A capacidade ou caudal dunha bomba está referida ao volume de auga trasegado por unidade de tempo. É en realidade o caudal de trasfega e mídese en litros por segundo (l/s) ou metros cúbicos por hora (m3/h).
  • A altura expresa a distancia vertical existente entre dúas cotas de referencia. Hai que saber que a altura manométrica non é a distancia vertical entre o nivel do líquido a bombear e o punto de descarga da tubaxe de impulsión, senón que a altura manométrica está composta por diversos termos que describimos máis adiante. A altura manométrica tamén pode relacionarse coa diferenza de enerxías entre a entrada e a saída da bomba.
  • A altura xeométrica de aspiración (hs) é a diferenza de cotas entre a superficie do líquido de aspiración e o rodete da bomba e a altura xeométrica de elevación (hd) é a diferenza de cotas entre o nivel do líquido na descarga e o eixe da bomba. Sendo a altura xeométrica total a diferenza de cotas entre o nivel do líquido na descarga e o nivel do líquido na aspiración.

hg = hd -hs

  • A potencia dunha bomba é o traballo por unidade de tempo empregado en elevar un determinado caudal a unha altura manométrica. Esta sería a potencia útil.

P útil= ϒ·Q·Hm

onde

ϒ = Peso específico do líquido

Q = Caudal

Hm= Altura

Así, dependendo das unidades, teriamos:

  • P = (Q·H·ϒ)/270 =C.V; sendo Q=m3/h ; H=m ; ϒ=Kg/dm3=1
  • P = (Q·H·ϒ)/75= C.V; sendo Q=l/s; H=m
Tiloom - BOMBEOS I. Definiciones prácticas. - Altura manométrica 1
Altura manométrica

O rendemento sería o cociente entre a potencia aplicada ao eixe da bomba e a útil realmente aproveitada, μ = P útil / P eje

P eje = Par eje ω; Par en Nw m; ω velocidad angular

As perdas por rozamento son as perdas de enerxía empregadas en vencer a fricción que produce o líquido ao desprazarse pola tubaxe. Adoitan calcularse por Darcy-Weisbach ou Hazen Williams.

Tamén existirán perdas de carga localizadas, para vencer a resistencia que pezas especiais exercen sobre o líquido; estas exprésanse como fraccións de lonxitude de tubaxe:

hm = K ·V²/2g, o valor do coeficiente K atópase facilmente en manuais de hidráulica.

Coñeces Rigometer?

Bombeo intelixente

#ASPIRACIÓN#BOMBA#CAUDAL#POTENCIA

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.