Diploma Universitario en Dirección de Campos de Céspede Artificial
FOTO · TILOOM
O Grupo Igoid Sportec, spin-off da Universidad de Castilla La Mancha e da Universidad Católica de Murcia lanzan un programa formativo que permitirá a obtención dun Diploma Universitario en Dirección de Campos de Céspede Artificial.
O curso terá unha duración de 3 meses, comprendidos entre o 5 de marzo e o 31 de maio, e poderá realizarse a distancia, nunha modalidade en liña que abordará temas clave como o deseño e o mantemento destas superficies, as diferenzas entre esta e o céspede natural, e mostrará claves para o coñecemento dos sistemas de xestión e explotación deste tipo de instalacións.
Os 17 temas das tres unidades de contido e os detalles do mesmo, así como o formulario de inscrición, poderás atopalos no enderezo web referenciado a continuación:
https://igoidsportec.com/formacion/
Non perdas a oportunidade de ampliar os teus coñecementos en céspede. Sexa cal sexa o sector do que procedas, canto máis completo sexa o teu currículo, maiores posibilidades de promoción profesional poderás ter.
O prazo de inscrición remata o 16 de febreiro, e só se ofertan 30 prazas. Non te quedes sen a túa!
Ademais, asignarase unha bolsa do 50% a un dos greenkeepers ou groundsman (si, precisamente para fomentar os perfís multidisciplinares e dinamizar a convivencia de coñecemento entre céspede natural e artificial) que se rexistren en primeiro lugar.
Aproveita a oportunidade!



