BOMBEOS III. CURVA RESISTENTE DO SISTEMA
FOTO · TILOOM
Para determinar a altura requirida por unha bomba, ou grupo de bombas, á que é capaz de elevar uns caudais determinados hai que determinar a curva resistente do sistema.
A curva resistente do sistema representa os puntos de altura de elevación total (altura xeométrica máis perdas) que se presentan no sistema a diferentes caudais que varían desde cero ata o valor máximo esperado.
A intersección entre a curva característica dunha bomba e a curva resistente dun sistema determina o punto de funcionamento da bomba.

O punto de funcionamento indica o caudal e a altura que se poderá elevar nun sistema determinado cunha bomba específica. Para determinar a curva resistente do sistema, ademais de coñecer a altura xeométrica total, temos que calcular o valor das perdas do sistema.
O punto de funcionamento ha de ser o de máximo rendemento. Neste punto os esforzos radiais sobre os cojinetes son mínimos. Estes esforzos radiais increméntanse ao afastármonos do punto de funcionamento de máximo rendemento.
Cando o caudal da bomba aumenta por riba do máximo rendemento, a presión absoluta necesaria para evitar a cavitación aumenta; pola contra, se o caudal da bomba descende cara ao punto de válvula pechada (caudal cero), preséntanse problemas de renovación do líquido que ocasionan quecementos, cavitación no rodete, ademais de vibracións.
Coñeces Rigometer? O bombeo nunca volverá ser o mesmo.



