Augas depuradas para rega IV. Turbidez.

11 XUL 2017·2 MIN DE LECTURA
Augas depuradas para rega IV. Turbidez.FOTO · TILOOM

A turbidez nas augas depuradas é un parámetro indicador da transparencia da auga, debido á presenza de materias en suspensión. Cantos máis sólidos en suspensión existan, máis “sucia” aparecerá esta e máis alta será a turbidez. Os sólidos en suspensión son, á súa vez, unha fracción dos sólidos totais dunha mostra de auga.

O valor da turbidez mídese en unidades NTU: Unidades Nefelométricas de Turbidez. O instrumento usado para a súa medida é o nefelómetro ou turbidímetro, que mide a intensidade da luz dispersada a 90 graos cando un raio de luz pasa a través dunha mostra de auga.

Tiloom - Aguas depuradas para riego IV. Turbidez. - Nefelómetro
Nefelómetro para a medición da turbidez, distribuído por Tiloom

Diferentes condicións afectan ao nivel de turbidez: contido de materia orgánica, fitoplancto e fundamentalmente as formas nitroxenadas, etc…

Os efectos prexudiciais son varios:

  • A absorción de calor polas partículas suspendidas, polo que estas augas turbias se volven máis quentes, reducindo así a concentración de osíxeno na auga ( o osíxeno disólvese mellor en auga fría),
  • Unha alta turbidez favorece a multiplicación de certos organismos,
  • A diminución da penetración da luz e da actividade fotosintética en plantas e algas, o que reduce aínda máis a concentración de osíxeno,
  • Maiores atascos dos sistemas de irrigación,
  • Maiores necesidades de produtos para a súa desinfección,
  • Sedimentación de partículas no fondo dos nosos lagos, que se colmatan e dan aspectos desagradables para o público que desexa xogar ao golf.

Estudos realizados polo biólogo Ramón Fernandez Pinilla, con motivo de eliminar a turbidez das augas indican que a salinidade está moi relacionada con este parámetro. Cando a salinidade aumenta, a turbidez baixa e ao diminuír a salinidade, a turbidez aumenta. A sal inhibe o crecemento das poboacións de bacterias nitrificantes que producen turbidez.

A turbidez, por outro lado, afecta aos tratamentos herbicidas; segundo a U.S. EPA (United States Environmental Protection Agency) o nivel máximo debe ser 5.0 NTU, Patrick Mccullough Ph. D. University of Georgia, USA “Maximizing Efficacy of Herbicides for weed control in Turfgrass Management“.

#GOLF#AGUA#NEFELÓMETRO#TURBIDEZ#TURBIDÍMETRO

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.