Valor agronómico das micorrizas
FOTO · TILOOM
O valor agronómico das micorrizas é enorme. O termo micorriza (tamén se utiliza mycorriza) procede do grego mykos, que significa fungo, e do latín rhiza, que significa raíz, é dicir, trátase dunha asociación simbiótica entre o micelio dun fungo e as raíces.
Existen dous grandes tipos:
• Ectomicorrizas, onde as hifas do micelio do fungo non penetran nas células senón que envolven as raíces e introdúcense entre as células das mesmas (rede de Hartig). Principalmente son os basidiomicetos, tales como Thelephora, Tricholoma, Sleroderma, etc. Os basidiomicetos están asociados á diminución de enfermidades tales como “Brown ring patch”; “Gray snow mold”; “Southern blight”; “Large patch, Brown patch”. Estes microorganismos son moi abundantes no humus.

• Endomicorrizas, o micelio fúnxico penetra nas células do córtex da raíz, ademais aloxanse no interior das súas células, e en parte son dixeridas pola planta hóspede, que se beneficia dos seus albuminoides e nitróxeno orgánico: interveñen fungos zigomicetos da orde Glomales, tal como Endogone.

Entre os efectos beneficiosos das micorrizas está a capacidade de absorber azucres da raíz e introducir minerais (P, N, K, Ca, Zn, Cu, etc.) no seu sistema vascular.
Son decisivas na absorción do fósforo mineral, na absorción de auga (Ruiz-Lozano et al, 1995), e inflúen positivamente no estrés salino.
A barreira física creada polo manto de hifas ofrece protección contra patóxenos (polo mero feito de ocuparlles o espazo), maior resistencia a toxinas e a ambientes hostís.

En conclusión, os fungos micorrizantes son de gran valor agronómico pola elevación da biomasa radicular e a diminución de enfermidades grazas á secreción de antibióticos.



