Vermicompostaxe para superficies deportivas
FOTO · TILOOM
A vermicompostaxe é un proceso de bioxidación, degradación e estabilización da materia orgánica, pola acción combinada das miñocas e microorganismos, mediante o cal se obtén un produto final estabilizado, homoxéneo e de granulometría fina, o vermicompost.
Son moitos os casos dos complexos de golf, onde diversos residuos de materia orgánica poden utilizarse como fonte de carbono para este proceso; así, por exemplo, temos as lamas de depuradora das propias urbanizacións. Esta fonte de carbono é idónea para a vermicompostaxe.
Os factores que hai que ter en conta son a temperatura, sendo necesarios rangos entre 10 e 35 °C (óptima 25°C); humidade arredor do 80%; densidade de poboación; fonte de materia orgánica que presente unha estrutura física adecuada, pH adecuado, relación C/N, etc.

A reciclaxe dos restos de canudos dos pinchados é idónea para diminuír a densidade das lamas de depuradora que se usan como fonte de carbono para a vermicompostaxe

A mestura de lamas de depuradora con restos de canudos do pinchado dá lugar a unha mestura de vermicompost – area, que resulta idónea como substrato para as superficies deportivas.

O rendemento ha de estar arredor do 60% na produción de vermicompost; o proceso de transformación leva arredor de 3 meses.



