Calidade das augas de rega: o que realmente debes medir
FOTO · TILOOM
As análises estándar de calidade de augas de rega presentan como mínimo os valores de EC, pH, os principais catións (Na, K, Mg e Ca) e os principais anións (Cl, HCO3, SO4, NO3), ademais doutros tales como:
- Dureza, suma de ións que poden precipitar, suma de calcio, magnesio e mesmo ferro. Expresados en meq/L ou mg CaCO3/L. Tamén se poden expresar como graos de dureza, sendo 100 mg CaCO3/L = 1 mmol CaCO3/L = 2 meq Ca/L. Cada grao francés é equivalente a 10 mg CaCO3/L .
- SAR, Sodium adsorption Ratio (RAS, relación de adsorción de sodio)
- ESP, Exchangeable sodium percentage (PSI, porcentaxe de sodio intercambiable)
- RSC, Residual sodium carbonate (carbonato sódico residual)
- Eh, potencial redox, expresado en volts, medido con electrodo de referencia de cobalto e platino
- Índice de Langelier, carácter incrustante ou agresivo da auga
- Alcalinidade, capacidade de neutralización da acidez
- Acidez, capacidade de neutralización das bases
- CIT, carbono inorgánico total
- COT, carbono orgánico total
- DQO, demanda química de osíxeno
- DBO, demanda biolóxica de osíxeno
A visualización gráfica pode realizarse a través dos diagramas de Piper,
Dous triángulos danos as composicións relativas de catións e anións, expresadas en porcentaxes do total de catións e/ou anións en meq/L.
En xeral, existen dous tipos de erros nas analíticas: erros estatísticos debidos a procedementos de análise e erros sistemáticos debidos a interferencias nas análises.
Os erros estatísticos ou de precisión poden calcularse por repetición da análise da mesma mostra e os erros sistemáticos a través da análise de mostras de referencia e por comparación entre laboratorios.
A exactitude das análises para os ións maioritarios pode estimarse a través dun balance eléctrico, pois a suma das cargas positivas e negativas deben ser semellantes:
Balance eléctrico(%)=[(Suma de catións + Suma de anións)/(Suma de catións – Suma de anións)] x 100
Os valores han de estar dados en meq/L.
Ofrecemos estudos da especiación iónica, cálculo dos índices de saturación – necesidades de acidificación das augas de rega e mesmo optimización das mesturas de augas de rega
En Tiloom desenvolvemos un innovador sistema de monitorización de bombeos. Rigometer permíteche controlar todas as variables dun bombeo, desde o consumo enerxético ata as presións en puntos estratéxicos e todos os parámetros de calidade da auga, desde o pH ata o potencial ORP.



