Diagramas de Piper
FOTO · TILOOM
O diagrama de Piper achéganos graficamente toda a información química do contido das nosas augas de rega ou de poro. É unha forma rápida de visualizar as porcentaxes dos catións e anións que constitúen as diferentes augas.

Os diagramas triangulares indícannos a proporción de tres compoñentes e a súa suma debe representar o 100% do total. Nestes diagramas úsanse dous triángulos, un para a suma dos catións (Ca/Mg/Na+K) e outro para a suma dos anións (Cl/SO4/HCO3+CO3). Así podemos ver o exemplo dun triángulo de catións:

Igualmente procédese cos anións, e despois únense os puntos de ambos os triángulos ata a súa intersección no rombo superior, onde agora se representan á vez os catións e anións.

Cada rexión do rombo daranos información sobre a natureza da auga e así poderemos coñecer o seu comportamento en relación co solo.

Existen diferentes formas de resolver estes diagramas, moitos programas de estatística, softwares de enxeñaría de augas e mesmo existen “libros” de Excel programados para iso.
Tiloom achega os diagramas de Piper nos seus informes para unha mellor comprensión de toda a información contida nos mesmos.



