Nematodos
FOTO · TILOOM
Os nematodos son vermes microscópicos, cun ciclo de vida de arredor dun mes, que se atopan na auga, solo, animais e plantas, tanto parasitos como saprófitos.

Os saprófitos axudan á descomposición da materia orgánica e indican fertilidade. Outros aliméntanse de insectos e das súas larvas, son aqueles que se utilizan na loita biolóxica como os do xénero Heterorhabditis e Steinernema. E despois están aqueles que causan danos nos nosos céspedes como Pratylenchus, Meloidogyne, etc. Así temos diferentes limiares para diferentes especies por cada 100cc de solo:
- Sting (Belonolaimus) > 25 unidades
- Lance (Hoplolaimus) > 120 “
- Root-knot (Meloidogyne) > 300 “
- Spiral (Helicotylenchus) > 1500 “
- Sting (Tylenchorhynchus) >100 “
- Dagger (Xipihinema) > 51 “
- Stubby-root (trichnosus) > 120 “
- Stubby-root (Paratrichodorus) > 300 “
- Sheat (Hemicycliophora) > 400 “
- Cyst (Punctodera heterodera) > 40 “
- Ring (Criconemoides) > 1000 “
- Pin (Paratylenchus) > 500 “

A toxicidade en orde crecente de perigosidade é a seguinte: Pin;Ring<Cyst;Sheath;Lesion;Stubby-root;Dagger;Stunt;Spiral<Root-knot;Lance;Sting

As poboacións de nematodos flutúan estacionalmente, se ben os picos de crecemento se dan na primavera e outono, xa que cando as condicións son óptimas para as plantas tamén o son para os nematodos. Os danos prodúcense nas raíces e os síntomas serán similares aos de estrés hídrico ou nutricional.
O tratamento químico pasa polo uso ben de nematicidas sistémicos (absórbense e distribúense por toda a planta) como fenamifos (Nemacur), moi efectivo contra ecto – endoparasitos ou outros tratamentos como os baseados en etoprop (Mocap), estes non translocados a través da planta.
Cabe destacar os traballos de investigación levados a cabo pola dra. Kate Entwistle do Turf Disease Centre no Reino Unido, e que Tiloom utiliza para os seus asesoramentos en fitopatoloxía.



