Fall Armyworm

16 DEC 2016·1 MIN DE LECTURA
Fall ArmywormFOTO · TILOOM

Spodoptera frugiperla, esta eruga da familia Noctuidae, aliméntase do tecido foliar de gran variedade de cultivos, entre eles case todas as variedades dos nosos céspedes tales como bermuda, paspalum, festucas, rye gras, etc.

screenshots_2016-12-16-11-35-03
Spodoptera frugiperda

A súa etapa adulta constitúea unha bolboreta acinzentada que se alimenta do néctar ao solpor, cando é máis activa. A deposición de ovos ten lugar pola noite sobre zonas iluminadas, e estes eclosionan entre 2 e 4 días despois, dando lugar ás erugas que alcanzan un tamaño de ata 40 milímetros na etapa última, cara ás dúas ou tres semanas despois da eclosión dos ovos, e é nesta etapa cando son máis daniñas. Neste momento enterranse no solo e forman a súa crisálida, da que sairán ao cabo duns 12 – 14 días.

A súa presenza ten lugar a finais de verán ou outono, chegando a producirse ata 3 ou 4 xeracións cada ano. Os danos parecen chegar dun día para outro, pois as erugas adultas móvense rapidamente en procura de alimento. Os primeiros danos prodúcense por deshidratación ao destruírse o tecido foliar.

screenshots_2016-12-16-11-59-24
Amarelecemento por comezo de praga

O tratamento con insecticidas de contacto é necesario cando o número de erugas é de 3 ou máis por metro cadrado. O mellor momento para o tratamento é a primeira ou última hora do día, pois son máis activas. Cabe destacar pola súa eficacia insecticidas tales como carbaryl, metil paratión, zeta cipermetrinas, etc. e débense usar volumes de auga superiores a 300 litros por hectárea. O control de larvas de tamaño superior a 20 milímetros pode ser difícil.

#BERMUDA#FESTUCAS#FALLARMYWORM#SPODOPTERAFRUGIPERLA#MARIPOSA#ORUGA

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.