Condutividade eléctrica: para un solo san e unha rega eficiente
FOTO · TILOOM
A condutividade eléctrica (CE) é a suma das condutividades dos diferentes tipos de ións presentes.
Trátase dun parámetro físico que mide, a unha determinada temperatura, a capacidade dunha substancia para conducir a corrente eléctrica.
O seu valor vén determinado pola presenza de ións e a súa mobilidade nunha solución.
En agronomía, a CE é un dos parámetros máis utilizados para medir a salinidade do extracto saturado (CEe) ou da auga (CEw), xa que o seu valor é proporcional á cantidade das sales en solución que contén (Rhoades, 1981). O seu valor mídese en deciSiemens / metro (dS/m) ou milimhos / centímetro (mmho/cm) sendo 1 dS/m = 1 mmho/cm.
O principal obxectivo da análise da CE en solos é determinar se as sales solubles se atopan en cantidades suficientes como para afectar á xerminación das sementes, ao crecemento das plantas ou á absorción de auga das mesmas.
A CEe está influenciada polas diferentes propiedades físicas e químicas do solo.
Por iso a condutividade aumentará na medida en que o solo conteña:
- Maior contido de humidade. Os solos con maior porosidade ou menor densidade aparente terán maior capacidade de almacenamento de auga, podendo alcanzar valores máis altos de condutividade eléctrica (Samouëlian et al 2005).
- Maior contido de sales disoltas. Maior salinidade e capacidade de intercambio catiónico. (Rhoades and Corwin, 1981).
- Textura fina. Ao ter maior capacidade de almacenamento de auga e maior capacidade de intercambio catiónico, as arxilas posúen maiores valores de condutividade.
| Cualificación dos solos segundo a tolerancia dos cultivos ás sales (Adaptado de Van Hoorn e Van Alphen, 1994). | ||
| Categorías | CEe media (dS/m) |
Características |
| Non salino | <2 | Ningún cultivo se ve afectado |
| Lixeiramente salino | 2 – 4 | Só están afectados os cultivos sensibles |
| Salino | 4 – 8 | Afectado un gran número de cultivos |
| Fortemente salino | 8 – 16 | Uso de cultivos tolerantes |
| Extremadamente salino | >16 | Só é posible un pequeno número de cultivos |
Na auga, a CE mídese co obxecto de determinar a calidade da auga de rega e as necesidades de lavado que presenta un solo regado con auga salina.
| Risco de salinización dun solo segundo a condutividade eléctrica (dS/m) ou a concentración de sales da auga de rega segundo o Ministerio de Agricultura. | ||
| Risco | CEw (dS/m) |
TDS
(ppm ou mg/l) |
| Ningún risco | <0,7 | <448 |
| Risco lixeiro a moderado | 0,7- 3 | 448-1920 |
| Risco severo | ˃3 | ˃ 1920 |
A CE non diferencia que tipo de sales se atopan na mostra, pero permítenos determinar a cantidade total de sales disoltas (TDS), definida como a concentración total de ións en solución expresada en mg/l ou ppm, sendo:
TDS (mg/l) = CE (dS/m) x 640 se EC ˂ 5 dS/m
TDS (mg/l) = CE (dS/m) x 780 se EC ˃ 5 dS/m
(Fonte: Robert N. Carrow e Ronny R. Duncan)



