Uso de lamas de depuradora nas superficies deportivas
FOTO · TILOOM
A crecente produción de lamas de depuradora está creando problemas para o seu almacenamento e eliminación.

Por outra banda, a composición destas lamas, aínda que variable, convérteas nunha fonte de materia orgánica e de elementos fertilizantes para o seu uso nas nosas superficies deportivas, que resulta ser a vía máis adecuada para a súa eliminación, ao permitir a súa incorporación aos ciclos naturais da materia e da enerxía.

Tanto se a estación de depuración é propia como se é allea ás instalacións deportivas, deberase achegar documentación relativa ao tratamento de estabilización das mesmas e analíticas de contido de metais pesados. O tratamento das lamas ten que asegurar, a través dunha vía biolóxica, química ou térmica, mediante almacenamento a longo prazo ou por calquera outro procedemento apropiado, unha maneira de que se reduza de forma significativa o seu poder de fermentación e os inconvenientes sanitarios da súa utilización.

As lamas deberán ser analizadas en relación á materia seca, materia orgánica, pH, nitróxeno, fósforo e metais pesados, os cales deberán estar nuns valores límite, tal como se indica a continuación:
Parámetros (ppm) Solos con pH < 7 Solos con pH > 7
- Cadmio 20 40
- Cobre 1000 1750
- Níquel 300 400
- Chumbo 750 1200
- Zinc 2500 4000
- Mercurio 16 25
- Cromo 1000 1500
Á mesma vez, nós, como usuarios finais das lamas, teremos que analizar o pH dos nosos solos (quedan exentos de aplicación aqueles con pH menor de 5) e os metais pesados, para asegurar que non se exceden os niveis, tal e como se amosa a continuación:
Parámetros (ppm) Solos con pH < 7 Solos con pH > 7
- Cadmio 1 3
- Cobre 50 210
- Níquel 30 112
- Chumbo 50 300
- Zinc 150 450
- Mercurio 1 1.5
- Cromo 100 150
A mostraxe dos solos realizarase a través dunha mostra composta, resultado da mestura de 25 mostras illadas por cada 5 hectáreas de superficie do campo de golf onde se van aplicar; a profundidade de toma das mostras será de entre 10 e 25 cm.
Só poderán aplicarse lamas perfectamente tratadas e estabilizadas cunha humidade máxima do 80%. Un dos tratamentos máis viables para as nosas sinxelas instalacións de mantemento nos campos de golf son o acondicionamento con cal e/ou potasa para acadar e manter un pH de 12 ou máis durante 3 meses. É útil a mestura das lamas con áridos ou mesmo con restos de canudos dos pinchados para o seu uso posterior en recebo de fairways.

A aplicación debe ter en conta unha distancia mínima de 500 m entre as zonas de aplicación e as vivendas, ademais de non superar o valor de 210 kg N/ha.ano



