Factores de crecemento I. A auga
FOTO · TILOOM
A auga constitúe o factor de crecemento máis importante e limitante de todos. A súa molécula está constituída por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno unidos por unha ligazón covalente.
Estas moléculas teñen carácter polar, uníndose entre si a través de pontes de hidróxeno.
A interacción destes dipolos é a responsable da tensión superficial da auga, é dicir, a facilidade coa que o solo “se molla”.
Aquí é onde entran en xogo os surfactantes (tensioactivos), de uso estendido no mundo do greenkeeping. Con eles diminúese a tensión superficial da auga, diminuíndo a formación de orballo na superficie dos greens e á súa vez a proliferación de enfermidades fúnxicas, tales como o “dollar spot” en greens cubertos de orballo e baixos en nitróxeno.

Outro efecto moi importante do uso de surfactantes é a eliminación de zonas hidrófobas, os “dry patches” ou “secas”. Estes atribúense a efectos de descomposición de fungos basidiomicetos. Fungos do mesmo grupo que os microorganismos que causan os típicos “fairy ring” ou “aneis de bruxas” no solo.
A hidrofobia é causada pola descomposición de restos de micelios de fungos e materia orgánica, Dernoeden. P.H, Creeping Bentgrass Management, 2002.
A cantidade de auga susceptible de ser tomada polas raíces é aquela que as rodea e por tanto dependerá de diferentes características do solo como:
- Textura. A capacidade de retención de auga segue esta orde crecente, segundo o tipo de solo: arenoso <franco-arenoso <limoso <franco-limoso <arcilloso.
- Lonxitude radicular. A maior lonxitude radicular, maior reserva de auga.
- Especies e variedades, seguindo a seguinte orde crecente de tolerancia á seca: Bahiagrass> Blue grama> Zoysiagrass e Bermudas híbridas, St Augustinegrass> Seashore paspalum> Festucas> Poa Pratensis> Rye grass> Agrostis> Poa annua.



