Factores de crecemento II. A luz
FOTO · TILOOM
A luz é outro dos factores importantes para o crecemento e o correcto funcionamento dos procesos fisiolóxicos do céspede.
A fotosíntese é o proceso polo cal a enerxía da luz solar é convertida en enerxía química, susceptible de ser usada polas plantas. O carbono atmosférico (inorgánico) é transformado en carbono orgánico usando auga e, como fonte de enerxía, luz. Os produtos finais son osíxeno e carbohidratos (enerxía). A reacción que rexe o proceso é a seguinte:
6 CO2 + 6 H2O >>> 6 O2 + C6H12O6
A luz é enerxía electromagnética composta por unidades chamadas fotóns. A utilizada na fotosíntese é a franxa de luz solar con frecuencia de onda entre 380 e 775 nanómetros, radiación que se denomina PAR, (Photosynthetically Active Radiation) e a súa unidade de medida son os micromol/m2 e segundo.
Por tanto, dependendo de o soleada ou sombreada que se presente unha zona, así se producirá a fotosíntese e por tanto a formación de enerxía e, en última instancia, o correcto crecemento do céspede. A medición da cantidade desta enerxía que unha superficie pode captar nun día denomínase DLI, Daily Light Integral, que se expresa en unidades de mol/m2 e día.
O rango de valores oscila entre 0 e 60 mol/m2 e día.
Hoxe en día, existen no mercado diferentes dispositivos capaces de medir estes fenómenos de forma instantánea e diaria. A medida instantánea está dada polo PFFD, Photosynthetic Photon Flux Density, e a unidade é o micromol/m2 e s. A partir deste, obtemos o DLI de calquera zona como parámetro representativo, o cal variará para a mesma zona de forma estacional.

Tiloom ofrece a tecnoloxía necesaria para a medición diaria, DLI, e instantánea, PPFD.
En base a recentes estudos na Universidade de Clemson (Bunnell, 2005), recomendamos un DLI de 32, 6 mol/m2 e día para greens de Bermuda Tifeagle. Outros estudos en Florida (Glenn, 2012), indican requirimentos mínimos para diferentes variedades de Bermuda ( Celebration e Tifgrand) de máis de 1 polgada en altura, ao redor de 20 – 25 mol/m2 e día.
Por outro lado, cultivares C4 como St Agustine e Zosiagrass son aínda menos esixentes en DLI, é dicir, máis tolerantes á sombra.
As especies C3 en xeral terán menores necesidades que as C4, sendo as festucas unhas das máis tolerantes á sombra.
Estratexias recomendadas por Tiloom son o aumento da altura de corte e o uso de luz artificial naqueles casos onde xa se establecesen variedades esixentes e non sexa posible acadar os limiares mínimos necesarios de DLI, como é frecuente nos estadios de fútbol.



