Probas en terreos deportivos IV: Luminosidade
FOTO · TILOOM
A luz é a enerxía que necesitan as plantas para o seu correcto desenvolvemento. Por iso é moi importante coñecer a intensidade, a calidade e a duración da luz sobre a cuberta vexetal.
Por esta razón, deben realizarse medicións, en continuo ou de forma periódica, da cantidade de luz que incide sobre a superficie.
Hoxe imos falar do espectrómetro, un sinxelo aparello co que se pode medir a cantidade de PAR (radiación fotosinteticamente activa) en µmol/m² s.
A forma óptima de coñecer a iluminación que incide sobre a superficie é ir colocando este tipo de sensores en distintos lugares e ir realizando medidas de forma continuada. Deste xeito pódese coñecer se o céspede ten déficit lumínico nalgún período do ano e corrixilo con luz artificial.
Se non fose posible realizar medicións en continuo da luz, deberían realizarse medicións con frecuencia, sobre todo nas áreas que máis tempo estivesen expostas á sombra.
Para variedades C3 o punto de saturación de luz alcánzase con valores entre 534-1,072 µmol/m² s e en variedades C4 entre 1,794-2,139 µmol/m² s. (Jack fry and Bingru huang, Applied turfgrass science and physiology, 2004).
A saturación lumínica é a cantidade máxima de PAR que a planta utilizará para facer fotosíntese:
-Para valores superiores haberá luz que non se usa e que mesmo pode provocar queimaduras foliares por exceso de radiación UV-B.
-Para valores inferiores a fotosíntese pode ser pobre, xerando un céspede débil que pode chegar mesmo a morrer.
Na actualidade existen estacións meteorolóxicas que miden con precisión e en continuo o PAR (entre outras variables que afectan ao tempo atmosférico). Son moi recomendables para ter información do potencial da cuberta vexetal.

En Tiloom distribuímos os sistemas máis potentes de medición así como estacións meteorolóxicas que che axudarán a conseguir os maiores estándares de calidade nos teus terreos.
Toma mellores decisións connosco, os nosos servizos de máxima calidade e os nosos máis de 15 anos de experiencia en fútbol e golf avalannos:



