Probas en terreos deportivos V: Altura de corte
FOTO · TILOOM
O movemento tanto dos xogadores como do balón realízase sobre a cuberta vexetal. Por iso a altura de corte desta é unha variable moi representativa no xogo.
A altura do céspede é tan importante que cambia completamente a velocidade do xogo e a firmeza da superficie. Un céspede longo frea rapidamente o balón, polo que o xogo é máis lento e os pases máis curtos. Ademais os xogadores sofren máis fatiga ao moverse por un céspede longo, xa que é máis brando e absorbe máis a enerxía do impacto da bota contra o chan. Por outro lado, o céspede curto non frea tanto a rodadura do balón e facilita correr sobre el.
No seguinte vídeo explicámosche como se realiza a proba.
A norma UNE-EN 12233 sobre a “Determinación da altura de herba en herba natural” é a base para a proba, aínda que a “FIFA Test Method 18″ (dentro das 2015 Testing Guidelines) é unha norma máis práctica para a determinación da altura de corte. Para facer unha valoración correcta é necesario facer a medición en diversos puntos significativos do campo, cantos máis mellor.
Para seguir os estándares de calidade en céspede natural, as alturas deberán estar entre 15 e 35 mm. Deste xeito asegúrase a saúde do xogador, da cuberta vexetal así como a boa xogabilidade do terreo.
Para obter boas lecturas recoméndase calibrar con frecuencia a segadora á altura desexada, manter ben afiadas as coitelas e evitar con recebos de area a deformación do campo.
Instrumento para este ensaio:
Toma mellores decisións connosco, os nosos servizos de máxima calidade e os nosos máis de 15 anos de experiencia en fútbol e golf avalannos:



