Probas en terreos deportivos VI: Cobertura vexetal
FOTO · TILOOM
Unha correcta cobertura vexetal é imprescindible para que o céspede sexa unha superficie confortable onde xogar e que á hora de retransmitilo sexa visualmente atractivo.
Un céspede verde, densamente poboado e san é sinónimo de calidade, e é protagonista para o xogador e para o espectador.
Para realizar a medición utilízase un marco metálico dividido en 100 cadrados. A medición é conceptualmente sinxela, cada cadrado representa un 1% da área total ensaiada. A lectura realízase contando o número de cadros ocupados por herba viva, por enfermidade ou por herbas daniñas.
-Cobertura vexetal: Considérase cuberta toda a área que teña presenza de manto vexetal. A especie non se contempla para esta medida.
–Presenza de herbas daniñas: Herba daniña é toda planta que non se desexe nun sitio concreto. Poden ser de folla ancha (dicotiledóneas) ou de folla estreita (monocotiledóneas). Algúns exemplos de folla ancha son o trevo (Trifolium spp.) ou o dente de león (Taraxacum officinale), e de folla estreita a pé de galiña (Eleusine indica) ou a dixitaria.
–Presenza de Poa annua: esta planta ten unha capacidade particularmente intensa de estenderse e colonizar áreas grazas aos seus estolóns e á posibilidade de producir semente mesmo con segas moi baixas. Crea manchas de cor verde claro na superficie. A mestura de cores entre o verde intenso de especies como o Rye Grass, a festuca ou a bermuda faina indesexable. Outro problema grave desta especie é a súa estacionalidade. No verán a especie morre e deixa áreas sen cubrir.

–Presenza de enfermidade: xeralmente considérase enfermidade a presenza de fungos, bacterias e virose. En xeral, sen a experiencia suficiente, é moi complicado determinar a enfermidade concretamente. Pero é posible determinar se existe ou non, xa que se observan cambios de cor en zonas do céspede, follas con manchas, hifas entre as follas ou pódese confundir con murchamento.
Os detalles da determinación destes parámetros están contemplados na norma UNE-EN 12231, UNE-EN 12232 e UNE-EN 12233.
Desde Tiloom o noso equipo de profesionais realizará as medicións necesarias para coñecer a calidade do céspede. Ademais de determinar a enfermidade, a herba daniña ou o problema que exista, determinando por que o céspede non crece con vigor, para así axudarche a solucionalo.
Equipo para realizar esta proba:
Toma mellores decisións connosco, os nosos servizos de máxima calidade e os nosos máis de 15 anos de experiencia en fútbol e golf avalannos:



