Poa annua

8 MAI 2017·2 MIN DE LECTURA
Poa annuaFOTO · TILOOM

A Poa annua é unha das malas herbas por excelencia que podemos atopar nas calles, roughs, e incluso greens dos campos de golf. A xerminación desta é maior a unha temperatura constante de 16ºC que a 21ºC segundo Cockerham e Whitworth (1967), por outro lado Bogart (1972) non atopou diferenzas de xerminación a temperaturas constantes de 4ºC, 10ºC, 16ºC ou 21ºC, aínda que si se puido observar unha gran diminución no rango de 27ºC a 32ºC; estes estudos xunto con outros de Hovin (1972); Engel (1967); Beard et al. (1978), veñen confirmarnos que a xerminación da poa ocorre nun gran rango de temperaturas, con algunha redución en situacións de moi alta ou baixa temperatura.

Podemos atopar greens de poa con estándares moi altos, aínda que a xestión deles será máis difícil que a dos greens de agrostis.

Tiloom - Poa annua - Screenshots 2017 05 07 20 39 54
Poa annua green

Existen centos de biotipos de poa annua, polo que podemos atopar nun mesmo green diferentes tonalidades, que cambian segundo a temperatura.

A Poa pode presentar 2 tipos de bioloxía e ciclos vitais:

1. Tipo anual: Poa annua ssp. annua, presenta un ciclo vital anual, é de fácil control e o seu crecemento é de tipo vertical. O seu sistema de propagación é sexual por sementes. Maior produción de sementes.

2. Tipo perenne: Poa annua spp.reptans, presenta un ciclo vital que pode ser superior aos dous anos, sendo máis difícil de controlar e o seu crecemento é de tipo lateral. O seu sistema de propagación é sexual e asexual (estolóns). Produce menos sementes .

O control da poa en greens de agrostis pode realizarse a través do uso de reguladores de crecemento tipo paclobutrazol, naqueles onde a poboación sexa pequena. Este regulador de absorción radicular precisa de aplicación posterior de rega para eliminar os restos non absorbidos, minimizando as toxicidades. Recoméndanse 3 aplicacións no outono e outras 3 na primavera, aplicando unha dose de 0.25 kg/Ha.

Un tratamento preventivo da formación de sementes é o dado polo regulador de crecemento Etephon (absorción foliar), o cal debe utilizarse mesturado con Trinexapac etil (absorción foliar), tendo en conta os graos día.

O uso de herbicidas en greens de agrostis non é habitual, pois adoitan xestionarse a través destes reguladores de crecemento.

Non obstante, hoxe en día existen herbicidas tales como Bispiribac-Sodium para uso en greens de agrostis, co efecto complementario da diminución de dollar Spot , moitas malas herbas de folla ancha e eliminación da proliferación de sementes de poa annua.

Un novo produto PoaCure, Methiazolin desde Asia parece tamén estar dando bos resultados na eliminación da poa.

En cambio, en greens e calles de Bermuda non resementados, existen diferentes alternativas que inclúen herbicidas posemerxentes ASL inhibidores como o trifloxisulfuron, foramsulfuron e rimsulfuron, os cales poden dar lugar a resistencias. Pronamide (Kerb) tamén é unha opción.

Antes de considerar a aplicación de químicos, os profesionais responsables do seu uso deben revisar a normativa específica de aplicación de fitosanitarios, e cantas puidesen ser de aplicación en cada país.

#GOLF#POAANNUA#GREENS#REGULADORDECRECIMIENTO

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.