Malas herbas de folla ancha
FOTO · TILOOM
As malas herbas de folla ancha adoitan crecer xunto ao noso céspede, especialmente en situacións de baixa fertilidade ou estrés hídrico. As malas herbas de folla ancha son dicotiledóneas, en contraposición ás herbas de folla estreita monocotiledóneas. Outro trazo moi diferenciador está na presenza de flores, que é un trazo común das herbas de folla ancha.
O control destas malas herbas nos campos de golf foi tradicionalmente levado a cabo a través de herbicidas da familia fenoxiacética (tipo dicamba). Todos son selectivos e sistémicos. Ademais, xeralmente precisan da mestura de diferentes herbicidas para a súa efectividade óptima, así poden presentarse mesturas de 2,4-D; MCPP e dicamba ou formulacións individuais de MCPP.
Existen outras opcións diferentes á familia fenoxiacética para o control de malas herbas, como son o clopiralid e o triclopir (derivados do ácido piridiloxiacético) de maior potencial herbicida. Tamén son de interese as sulfonilureas, como o clorsulfurón e o metsulfurón para controlar a folla ancha en bermuda.
As aplicacións destes axentes deberían realizarse espazadas entre 10 e 14 días, sempre sobre céspedes en crecemento vigoroso e sen estrés.
O trevo (Trifolium repens), as cariofiláceas ou a sagina, son malas herbas de folla ancha que se controlan en agrostis a través de MCPP, aínda que a aplicación en época estival produce amarelecemento no agrostis. Este composto é pouco eficaz co resto de malas herbas de folla ancha.

Un produto moi coñecido é o baseado na mestura de 2,4-D; MCPP e dicamba, para a gran maioría de malas herbas de folla ancha, aínda que para o uso en agrostis hanse de utilizar aqueles formulados con moi baixa dose de 2,4-D, por ser moi fitotóxico para o agrostis
A mestura de clopiralid e triclopir si ten bo efecto en calles de agrostis, non en greens ou tees. O quinclorac é moi efectivo sobre trevo branco e outras follas anchas, en calles de agrostis, aínda que de novo se pode producir amarelecemento e deben realizarse previamente probas de control e doses antes do seu uso xeneralizado.
A continuación preséntase unha táboa con herbicidas para o control de folla ancha nas diversas especies de céspedes
Herbicida Rye grass…Festuca…Poa pratensis…Bermuda…….Zoysia
2,4-D………………I………………….S………………..S……………………S………………..S
MCPP……………..S…………………S………………..S……………………S………………..S
Dicamba………….I………………….S………………..S……………………S……………….S
Tryc+Clop……….S………………….S………………..S……………………I………………..S
Metsulfuron……NR……………….NR……………..NR………………..S………………..S
Clorsulfuron……NR……………….NR……………..S…………………..S…………………I
Lenda da táboa:
S=seguro a dose recomendada; I=seguridade intermedia, uso a doses reducidas; NR=non recomendado.
Fonte: L.B. McCarty, Best Golf Course Management Practices 2001.
Tiloom recomenda seguir fielmente as directivas de aplicación de produtos químicos e fitosanitarios en vigor en cada país.
Convidámolo a comentar calquera experiencia sobre a aparición de herbas de folla ancha no seu campo, e compartila coa comunidade de greenkeepedia.



