





Sensor DLI & PAR luz completo
Contacta connosco a través de info@tiloom.com para un orzamento personalizado. Mide a absorción lumínica que recibe a túa planta ou cultivo e comprende as súas necesidades. Válido para agricultura (exteriores ou invernadoiros), e para céspede deportivo (golf, fútbol, etc.) incluso para fontes de luz artificiais (LED, sodio ou alta presión, fluorescentes ou haxóxenas).
Con este sinxelo e robusto instrumento poderás medir a absorción lumínica (PAR ou luz fotosinteticamente asimilable) da túa planta ou cultivo.

Elementos do sensor DLI & PAR

A lectura ofrecida será a intensidade lumínica dentro da banda óptica asimilable polas plantas para realizar os seus procesos de fotosíntese, que é a comprendida entre os 400 e os 700 nm.

Aplicacións do sensor PAR:
- Cultivos exteriores
- Cultivos interiores (invernadoiros)
- Cultivos con fontes de luz artificial para fomentar o seu crecemento (LED, sodio de alta presión, haluros metálicos, haxóxenos ou fluorescentes).
As utilidades son igualmente válidas para a industria agrícola e a do mantemento de céspede de uso deportivo.
Tipos de medición
Co fin de facilitar diferentes opcións, o sensor permite medir:
- Lecturas instantáneas concretas.
- Lectura da intensidade lumínica media nunha zona.
- Intensidade lumínica media ao longo do día (DLI, o sensor toma automaticamente lecturas para o cómputo do valor medio, automático e sen necesidade de complexos ordenadores ou software).

Especificacións do medidor de luz
| Rango | PAR: 0.0 a 6500 µmol m-2 s -1 , 400 a 700nm |
| Resolución | 0.1 µmol m-2m-2 s -1 desde 0.0 to 99.9 1 µmol m-2 s -1 desde 100 a 6,500 |
| Precisión | ±5% (cada medidor está calibrado en fábrica) |
| Erro azimutal | ±1% sobre 360° |
| Lapso medias diarias (DLI) |
As medicións tómanse cada 3 minutos. |
| Resistencia á auga | IP-65 |
| Temperaturas para funcionamento |
32-130°F (0-55°C) con 0-100% RH (humidade relativa) |
| Batería | CR2032 3V de litio |
| Tamaño e peso | 14,6 x 4,5 x 1,8 cm e 77 gramos. |
O equipo é moi cómodo e sinxelo de usar, e poderás levalo a todas partes.
Por que é importante medir o DLI?
-
Optimiza a fotosíntese e, polo tanto, o crecemento das plantas.
-
Axuda a determinar a necesidade de iluminación suplementaria en invernadoiros ou campos con sombra.
-
En céspede deportivo, permite avaliar a viabilidade do céspede natural en estadios, zonas sombreadas ou tempadas de pouca luz.
Referencia de produto para pedidos: PT-253
Ficha técnica completa aquí.

Tes dúbidas sobre este produto?
Pídenos información ou orzamento sen compromiso.



