Conceptos meteorolóxicos I. Humidade ambiental

23 MAI 2018·2 MIN DE LECTURA
Conceptos meteorolóxicos I. Humidade ambientalFOTO · TILOOM

O aire da atmosfera está composto por unha mestura de gases, principalmente osíxeno (21%) e nitróxeno (78%), pero tamén vapor de auga que xunto co dióxido de carbono e outros gases (1%) suman o 100% da súa composición. Estes serían as porcentaxes para o aire en condicións normais, en contraposición á atmosfera edáfica que ten uns niveis diferentes. Solamente o vapor de auga pode aumentar a súa concentración con respecto aos demais, este é o caso do aire húmido que, ao ser máis lixeiro, sobe desde a superficie das masas de auga cara a capas máis altas.

A humidade ambiental dos nosos campos de golf depende da cantidade de vapor de auga que este aire pode albergar en cada momento. Posto que a cantidade de vapor de auga que absorbe o aire depende da súa temperatura e presión (o aire quente admite máis ca o frío), é na época estival cando o aire pode presentar as súas máximas cantidades de humidade en termos absolutos ou como humidade específica (cantidade de vapor de auga nunha cantidade de aire seco), mesmo cando a humidade relativa sexa baixa.

Por outro lado, a humidade relativa dános unha idea de como de saturado está o aire en vapor de auga.

Os valores máximos de humidade absoluta que poida ter o aire daranse polo tanto no verán, se ben no inverno será moi fácil chegar á saturación e ás situacións de orballos intensos.

É polo tanto fácil chegar a situacións de estrés térmico nesta época estival, polo efecto da humidade ambiental. R.G. Stedman desenvolveu o parámetro de sensación térmica como efecto combinado de calor e humidade:

Tiloom - Conceptos meteorolóxicos I. Humidade ambiental - Screenshots 2017 07 31 00 20 20
Táboa de sensación térmica. % Humidade/T°C

A nosa ferramenta POGO mide e recompila diversos factores que axudan a estudar os verdadeiros motivos dos problemas que teña ou poida ter o terreo, entre eles recolle a temperatura foliar polo que ten en conta a afección da humidade ambiental no campo.

Ter unha estación meteorolóxica é a ferramenta perfecta para coñecer tanto a humidade ambiental como todas as variables necesarias para unha xestión adecuada do campo.

#CAMPOSDEGOLF#ATMÓSFERAEDÁFICA#ESTRÉSTÉRMICO#HUMEDADRELATIVA#HUMEDADABSOLUTA#HUMEDADAMBIENTAL

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.