Delta T e pulverización: evita erros nos teus cultivos
FOTO · TILOOM
Por que é importante ter en conta a Delta T á hora de realizar pulverizacións?
Este parámetro define a velocidade de evaporación da auga. Un Delta T alto significa rápida evaporación da auga. A maioría das aplicacións de produto activo que se realizan fanse sobre auga e quedan disoltas na orde do 90 ao 99%. Esta é a razón pola que a evaporación xoga un papel crucial no tamaño da gota e na concentración do principio activo.
A Delta T está definida pola relación entre a humidade relativa e a temperatura do bulbo seco. Cando hai pouca humidade, a atmosfera ten alta demanda de auga e, se hai moita temperatura, a evaporación realízase rapidamente.

As recomendacións xerais indican que a aplicación se debería realizar cun Delta T de 2 a 8, pois esas son as condicións ideais. Recoméndase actuar na franxa amarela do gráfico. Se as gotas fosen moi grandes ou os solutos de base oleosa, poderíase aumentar o límite.
Se o Delta T é demasiado alto:
- A auga evapórase rapidamente.
- As gotas reducen o seu tamaño, aumentando a deriva coas pequenas refachas.
- As gotas secan rapidamente, reducindo a absorción da materia activa.
Existen miniestacións meteorolóxicas que se colocan sobre o tractor para coñecer en todo momento o estado climático da aplicación.
Se o Delta T é demasiado baixo:
- A auga non se evapora, mantendo as gotas máis pequenas dispoñibles para a deriva.
- En condicións nocturnas aumenta o perigo potencial da inversión.
- A supervivencia da gota na folla será moi longa e diminuirá a absorción do herbicida, por deriva ou chuvia.
As ventás de aplicación péchanse sobre todo na época estival do ano, onde as altas temperaturas limitan a marxe de aplicación.
O vento tamén é clave para a determinación dunha aplicación de calidade. Non se debe aplicar con ventos superiores a 15 km/h, xa que a deriva comezará a ser perigosa. Os cultivos próximos poden verse afectados se a velocidade do vento é maior.
Nos casos en que a pulverización non se poida atrasar a mellores condicións climáticas, débese recorrer a:
- Realizar aplicacións a velocidades de tractor baixas.
- Utilizar boquillas para xerar gotas groesas ou moi groesas.
- Aumentar as taxas de auga para compensar a velocidade.



