Normas para pulverizacións seguras

10 MAR 2020·2 MIN DE LECTURA
Normas para pulverizacións segurasFOTO · TILOOM
Compartir

En caso de aplicar fitosanitarios e herbicidas é imprescindible ler sempre as instrucións da etiqueta antes do seu uso.

Na etiqueta dánse recomendacións específicas. Os usos superiores á recomendación máxima darán resultados pouco froitíferos e poden provocar fitotoxicidade ou a diminución das poboacións microbiolóxicas.

Non hai que deixarse levar pola crenza de “aplicar un pouco máis” para ter efectos óptimos.

Tanto as malas herbas como as pragas trátanse de forma máis eficaz nas etapas máis novas do seu desenvolvemento, polo que os tratamentos preventivos eficaces baseados en modelos son unha ferramenta excelente.

Para as malas herbas, os momentos de crecemento vexetativo son mellores momentos para os tratamentos, xa que os herbicidas translocables farán efecto con rapidez.

Hai que ser coidadosos co momento da aplicación para previr a deriva e a perda de auga na mestura.

Tiloom - Normas para pulverizacións seguras - Spray Drift
Deriva de produto

A materia activa, se é de contacto, debe permanecer sobre o elemento a tratar durante varias horas para facer efecto. Débese evitar a chuvia ou o rego. Ademais, a temperatura non debe ser superior a 18 ºC.

Antes de realizar aplicacións, deixa crecer as zonas de malas herbas para que o impacto sexa óptimo.

Se se usan materiais granulares para o control de maleza de folla ancha, recoméndase que a folla estea húmida, xa sexa por mor dun rego ou polo orballo da mañá.

Sé paciente cos resultados; poden demorarse dependendo da especie, do estado fenolóxico ou da materia activa utilizada.

Tiloom - Normas para pulverizacións seguras - Figure 156
Contaminación doutros cultivos

O céspede recén sementado é sensible á química e non se debe aplicar contra as malas herbas se previamente non se segou unhas 3 veces. Isto afecta sobre todo aos herbicidas de preemerxencia. Tras a eliminación de plantas de folla ancha nunha zona, débese agardar de 4 a 6 semanas antes da resementa para asegurar a viabilidade da semente.

Os herbicidas de posemerxencia ao final da latencia invernal dos céspedes de estación cálida poden provocar lesións foliares durante ese período.

Como última nota, os recortes de sega recentemente tratados non deben usarse como material de cobertura en zonas axardinadas. Hai que agardar tres ou catro cortes para poder darlles uso.

#CONTROLPULVERIZACIÓNFITOS#GUÍAPULVERIZACIÓNAGRO#NORMASUSOFITOS#REGLASAPLICACIÓNFITOS#USOSEGUROAGRO

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.