Conceptos meteorolóxicos II: Masas nubosas
FOTO · TILOOM
As masas nubosas non se deben confundir con vapor de auga, senón que son pequenas “microgotas” de auga líquida en suspensión que flotan no aire posto que o seu diámetro oscila entre os 0,2 e 0,3 mm, ou en forma sólida como cristais de xeo, segundo a súa altura. Para que poidan precipitar como auga de chuvia, necesitan aumentar de tamaño e ter entre 1 e 5 milímetros de diámetro. Ao ser este aire húmido menos denso que o quente, permanecen nas capas altas da atmosfera e as masas de aire quente nas capas máis baixas.
Se as nubes estivesen formadas por vapor de auga (auga en forma gasosa), non se poderían ver posto que é un gas invisible. De feito percibímolas como brancas debido a que cando a luz solar chega ás nubes, as pequenas gotas de auga dispersan a luz e reflicten todas as cores, esta mestura dá a cor branca. Se as nubes son moi densas e grosas, a luz non pode atravesalas totalmente, adquirindo así uns tons máis acinzentados. A luz viaxa sen alteración ata que penetra na atmosfera, entón choca coas partículas que a compoñen: po, gotas e cristais de auga, sal e moléculas que forman o aire (osíxeno, nitróxeno e gases nobres). O nitróxeno e o osíxeno dispersan máis a cor azul e violeta, que emiten en todas as direccións, mentres que deixan pasar os tons laranxas e vermellos en liña recta, dando un resultado de ceos celestes.
Pola tarde, sucedería o mesmo se non fose porque o sol está baixo. Nesa posición os seus raios percorren ata 10 veces máis atmosfera ata chegar aos nosos ollos que cando está no cenit. Polo tanto, os tons azuis sofren tal dispersión que non chegan aos nosos ollos mentres que o laranxa, vermello e amarelo si. Canto máis partículas sólidas hai suspendidas no aire, máis coloridos e saturados son os solpores.

Ter unha estación meteorolóxica é a ferramenta perfecta para coñecer tanto a humidade ambiental como todas as variables necesarias para unha xestión adecuada do campo.



