POGO

POGO é un sistema de monitorización profesional, todo en un, que lle permitirá mapear e facer seguimento dos niveis de humidade, salinidade e temperatura do solo no seu terreo deportivo.

Ofrecémoslle a solución ideal para coñecer o estado e necesidades do seu campo de golf, campo de fútbol, ou terreo deportivo mediante a combinación de tres dispositivos:

  • O noso sensor POGO que, como medidor patentado portátil lle permite analizar o seu terreo in-situ.
  • A aplicación móbil para smartphones Android ou iOS onde se sincroniza a información medida.
  • A nosa plataforma web, que lle permitirá mapear o seu campo, definir áreas de seguimento, parametrizar zonas críticas, estudar a súa instalación de rega e a súa eficiencia, etc.
pogo-layout-spanish

DarioA nosa ferramenta permitiralle diagnosticar que problemas pode ter o seu céspede, coñecer como se desprace a auga baixo o solo e se o sistema de rega de que dispón é compatible co deseño e construción do campo.

Controle a salinidade e evite as manchas secas no campo, antes mesmo de que o campo revele á vista os síntomas. Mellore o aspecto visual dos greens, e evite o custo dos problemas (blacklayer, dollarspot, ‘picos’ de salinidade) anticipándose a eles grazas ao noso sistema.

Organice con eficiencia as súas labores de aireación e descompactación do campo, controlando as drenaxes da auga en cada zona.monitoring

O sistema POGO mide e infórmao permitíndolle que actúe antes de que apareza o problema

Regue exactamente o que cada zona requira e tome o control sobre as súas estratexias de endurecemento dos greens reducindo o risco de danar a planta.

Recompile información para estudar os verdadeiros motivos dos problemas que teña no terreo, diagnosticando se o problema vén por unha mala combinación de humidade, salinidade ou temperatura na zona radicular da planta.

Quere coñecer máis sobre POGO? Permita que lle enviemos o dossier de produto ao seu enderezo de correo electrónico e deixe que o noso equipo de profesionais resolva calquera das súas dúbidas.

Ao cubrir o formulario, vostede autorízanos a almacenar a súa información. En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), vostede poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento de ditos datos, nos termos establecidos na LOPD, dirixíndose ao enderezo C/ Isla de Oza, 8. 28035 de Madrid.

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.