Atmosfera edáfica
FOTO · TILOOM
A atmosfera edáfica podemos definila como a mestura de gases que ocupan os macroporos do solo. A súa composición é moi semellante á do aire atmosférico, pero variable nas súas distintas porcentaxes.
O seguinte cadro compara as distintas porcentaxes da mestura de gases.

A atmosfera do solo está sometida a un continuo intercambio co aire externo, intercambio que se realiza por movemento en masa (gobernado por cambios na temperatura e presión) como o vento que introduce o aire no solo ou a rega que expulsa o aire ao exterior, ou tamén por mecanismos de difusión, onde dependerá de cada tipo de gas e da porosidade do solo.
Os mecanismos de difusión que implican movemento de gases no substrato dependen do tipo de gas e da porosidade do solo
Os cambios máis chamativos prodúcense en relación ao osíxeno e ao dióxido de carbono. El CO₂ que se produce no solo débese ben á respiración radicular ou á descomposición microbiana de materia orgánica lábil (Hanson et al., 2000).

A respiración celular é unha serie de reaccións mediante as cales a célula degrada moléculas orgánicas e produce enerxía.
O aumento do CO₂ ata valores do 5 % en volume atopouse particularmente frecuente en campos de golf, probablemente como efecto das altas densidades de
gramíneas que se dan coas novas variedades, intensa rega e fertilización.
En todos os perfís de diferentes solos aprécianse gradientes de CO₂ cara á superficie indicando perdas de CO₂ á atmosfera, de valor considerable (Bolin et al, 1979).
A continuación preséntase un exemplo real, onde se implementaron as sondas de medición da % volumétrica de osíxeno dos sensores de Tiloom, dentro da mestura de gases edáficos; véxase o gráfico adxunto coa correlación coas temperaturas medidas en continuo para o campo de golf estudado.




