XESTIÓN DO THATCH EN CAMPOS DEPORTIVOS

23 XUÑ 2017·2 MIN DE LECTURA
XESTIÓN DO THATCH EN CAMPOS DEPORTIVOSFOTO · TILOOM

A acumulación de thatch ou feltro é un dos principais motivos da aparición de danos no céspede.

É moi importante a xestión do thatch ou feltro nas superficies de xogo. Os campos deportivos, especialmente aqueles formados por variedades de crecemento lateral como a Bermuda, Zoysia ou Poa pratensis, dan lugar á creación de altas densidades de feltro ou thatch, é dicir, materia orgánica que inclúe raíces, rizomas, estolóns, coroa de plántulas, etc. Esta materia orgánica está localizada entre a superficie do solo e os primeiros centímetros do seu perfil.

Este feltro ten diferentes efectos negativos, tales como a diminución da condutividade hidráulica saturada, a diminución da profundidade de enraizamento, a aparición de “secas” ou “dry patches“, deficiencias nutricionais, maiores subidas e baixadas de temperatura, restrición do movemento de aire, auga e pesticidas, escalpado das superficies, aumento da proliferación de pragas e enfermidades, etc…

A formación do thatch ten lugar cando a velocidade de descomposición é inferior á produción de materia orgánica. Hoxe en día existen preparados a base de algas e microorganismos que axudan a que esta velocidade de descomposición aumente e a produción de thatch, así, sexa mínima.

Ademais, o control da fertilización é fundamental para controlar o thatch, e non debe realizarse de forma aleatoria. Tiloom ofrece o control da fertilización en base ás temperaturas medias e variedades do seu campo a través da ferramenta i-greenkeeping.

Existen varias alternativas para a eliminación do thatch xa creado. O verticut ou a escarificación utilízase para a prevención do feltro a través de coitelas que rotan a través do céspede, expulsando a materia orgánica ao exterior. É necesario o uso rutineiro desta ferramenta durante o ano para poder lograr a diminución dunha parte importante da materia orgánica acumulada.

Como técnica máis novidosa, pódese reducir o thatch a través de novos apeiros que realizan a eliminación instantánea de gran parte da masa vexetal das superficies deportivas; exemplos destes apeiros son a “Koro” ou “STEC Combinator”.

O “fraze mowing” é a eliminación da capa vexetal de forma moito máis agresiva que o escarificado ou o verticado, a través de coitelas potentes. Presentan versatilidade, tanto para a eliminación superficial de materia orgánica, como para retirar variedades de pouco enraizamento tales como a Poa annua, promovendo o crecemento doutras variedades como a bermuda.

Estes apeiros tamén se poden axustar para a renovación completa de campos moi acolchados, como certos campos deportivos de bermuda.

Existen estudos que revelan unha diminución da incidencia de enfermidades como o spring dead spot en bermuda ao diminuír o feltro destas zonas.

No seguinte vídeo podemos amosar un exemplo de traballo entre Tiloom e Tapiz Verde para a renovación dun campo de fútbol en La Manga Club Resort.

Queres recibir no teu correo electrónico as últimas entradas da nosa greenkeepedia? Non dubides en subscribirte cubrindo o formulario de rexistro desta páxina.

#MATERIAORGÁNICA#THATCH#COLCHÓN#ESCARIFICACIÓN#FRAZEMOWING#VERTICUT

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.