Nivelación de superficies deportivas

22 XUÑ 2017·1 MIN DE LECTURA
Nivelación de superficies deportivasFOTO · TILOOM

A nivelación de superficies nos campos deportivos é necesaria na construción, e incluso como unha etapa do mantemento, pois ao longo do tempo prodúcense desnivelacións por recebos, reparación de zonas danadas, etc… neste tipo de terreos de xogo.

A nivelación e renovación dos campos de fútbol precisan da eliminación da capa vexetal, rotovateo e utilización de láser. Dependendo do feltro existente necesitarase unha maior ou menor eliminación de capa vexetal.

En certas situacións, como en campos de bermuda con moitos anos de vida útil, é necesaria a eliminación dun gran perfil de solo, incluso de ata 5 ou 6 cm.

A incorporación de substrato orgánico pode dificultar a nivelación, aínda que o uso dunha fracción areosa aforrará moito na reconstitución do perfil orixinal

O uso do láser compleméntase con apeiros de nivelación enganchados ao tractor que van introducindo area nas zonas máis baixas ou eliminando o árido onde este está en exceso.

En canto ás pendentes necesarias, en campos de fútbol, a liña de maior cota é a que percorre o medio campo, en dirección norte – sur, con pendentes cara ás bandas desde o 1% ata o 1.5%.

A norma que en España regula a calidade de construción destas superficies é a UNE 41959-1 : 2011, que establece que a pendente máxima que debe ter un campo é o 1%, aínda que o recomendable é construír cunha pendente do 0,5% cara ás bandas e do 0.25% cara ás porterías, en nivelacións a 4 augas.

#TERRENODEPORTIVO#FÚTBOL#TILOOM#UNE41959-1#NIVELACIÓN#LASER

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.