Invasión de especies C4 sobre greens C3
FOTO · TILOOM
A invasión de especies C4 (ex. bermuda) sobre C3, por exemplo nos aros dos greens de agrostis é moi común, debido á utilización cada vez máis frecuente de bermuda e outras C4 arredor dos greens C3.
Existen dous tipos de solucións para este problema:
a) Operacións con compoñentes químicos (moi importante que revise a regulación no seu país sobre fitosanitarios)
Sidurón e etofumesato eliminan bermudagrass. Non obstante, existe risco de fitotoxicidade nos aros de greens de agrostis onde se utiliza. A mellor época para o seu tratamento é a primavera e o outono, cando estes greens están a crecer activamente, e non así as variedades de C4.
De forma temporal obtense un bo resultado para a supresión da bermuda con mesturas de sidurón e flurprimidol, (Fonte: L.B. Mc Carty et al 2001). O uso do herbicida de posemerxencia fenoxaprop-etil pode ser igualmente unha solución cando se aplica nos aros de agrostis (coidado coa fitotoxicidade en agrostis: recoméndase o uso de doses moi baixas), aínda que adoita rebrotar a bermuda ao pouco tempo.
Outra opción de control pode ser a levada a cabo a través de reguladores de crecemento nos antegreens de bermuda, para evitar a súa introdución nos greens: o trinexapac-etil é un bo regulador de crecemento para esta especie.
b) Labores mecánicas
O recorte dos estolóns das especies C4 sobre os aros dos greens C3 é outra xestión do problema que se está a implementar grazas á aparición de ferramentas ao efecto.

Se necesita ferramentas para o recorte de estolóns, non dubide en escribirnos a info@tiloom.com, e estaremos encantados de atendelo. O noso equipo de enxeñeiros agrónomos poderá traballar con vostede para atopar unha solución aos seus problemas.



