Procesos físico-químicos IV. Estratificacións no perfil de solo

16 XAN 2019·3 MIN DE LECTURA
Procesos físico-químicos IV. Estratificacións no perfil de soloFOTO · TILOOM

As estratificacións no perfil de solo son complicados procesos nos que distintos elementos do solo se moven entre as alturas que o conforman. Nesta entrada imos estudar o perfil dun green concreto, onde tomamos dúas mostras a diferente profundidade, unha entre os 0-10 cm e outra entre os 10-20 cm .

Tiloom - Procesos físico-químicos IV. Estratificacións no perfil de solo - H a y b
Solo estudado

Estudar a evolución química dunha superficie durante o tempo é das mellores formas de obter información e tomar boas decisións agronómicas.

Os diferentes procesos físico-químicos que estudamos refírense en xeral ás partes máis superficiais do solo, pois son das zonas de onde xeralmente se toman as mostras. Pero é interesante ver que ocorre nas partes máis profundas. Así podemos entender que procesos ocorren nos diferentes horizontes do solo.

Os diagramas de Piper son sinxelos esquemas onde se facilita a comparación entre aniones e cationes dos elementos que se estean estudando. Pódense comparar distintos solos, distintos horizontes de solos ou a interacción entre o solo e a auga de rega.

Tiloom - Procesos físico-químicos IV. Estratificacións no perfil de solo - Greenkeepedia final
Diagrama de PIPER para dous horizontes no mesmo perfil.

No diagrama de Piper podemos observar dous puntos que representan cada horizonte do perfil, sendo o verde o horizonte superior con 368 ppm de sales obtidas no extracto saturado e un punto vermello con 564 ppm de sales para o horizonte inferior do perfil de solo. Isto indícanos que as sales se están lixiviando da superficie ás capas máis profundas.

Obsérvase un cambio no 20% dos carbonatos e sulfatos, aumentando uns e diminuíndo os outros coa profundidade do perfil. Ademais tamén se produciu un lixeiro aumento do ferro en profundidade. O estudo do pH deu como resultado que a mostra superficial (pH 7,7) aumentaba máis de medio punto coa máis profunda (pH 8,25), probablemente debido á menor respiración edáfica e á migración dos carbonatos solubles.

A evolución do perfil amósase de forma moi gráfica grazas aos diagramas.

Todas estas observacións fannos estimar o que ocorre ao longo do perfil do solo para cada caso en particular. Existindo neste exemplo unha tendencia de aumento proporcional moi importante de carbonatos e unha diminución similar de sulfatos conforme se descende aos estratos máis baixos do perfil de solo.

Tiloom - Procesos físico-químicos IV. Estratificacións no perfil de solo - Screenshot 2019 01 13 22 12 37 temp 2
Horizonte de ferro precipitado no estrato intermedio entre unha area de pH baixo e unha grava de pH alto. USGA. Research update.

O aumento de ferro na profundidade neste caso é posible que teña lugar debido aos cambios no valor de pH. Investigacións poñen de manifesto que o pH controla o seu movemento no perfil de solo, en especial en estratos que pasan de pH baixos a outros altos. Existe documentación que explica situacións con horizontes cementados con óxidos de ferro e arxila nos horizontes limítrofes que se dan entre areas de pH baixo e gravas de pH alto.

Tiloom aconsella estudar os procesos físico-químicos que teñen lugar no perfil das superficies deportivas, tanto nun mesmo punto ao longo do tempo, como en diferentes puntos do perfil no mesmo momento.

O ferro aplicado en superficie é altamente soluble en areas de pH baixos, pero esta solubilidade diminúe ao aumentar o pH nas gravas con pH alto, precipitando no estrato que separa a area e a grava. O pH controla o movemento de ferro a curto prazo, mentres que o potencial redox controla o movemento de ferro a longo prazo. Razón pola que se dan horizontes de selado en mesturas de substratos neutras ou alcalinas, aínda que cabe destacar que a presenza visual destes horizontes non necesariamente significa que a drenaxe ou a infiltración teña que verse comprometida. Fonte: Glen Obear & Bill Kreuser, Universidade de Nebraska, Lincoln.

Cóntanos o teu caso e o equipo de Tiloom estudará os datos das túas mostras para darche o diagnóstico adecuado.

Ofrecemos sacamostras para estudar ti mesmo o teu tipo de solo. Entra para saber máis_

#SUELO#CATIONES#FISICO#QUIMICO#ELEMENTOS#ESTRATIFICACIÓN

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.