Toma de mostras
FOTO · TILOOM
É importante entender como a toma de mostras pode afectar á calidade dos resultados obtidos. A situación ideal é aquela na que se realiza de forma espazada no tempo de calquera aplicación de fertilizante, ata que se produce o equilibrio entre os nutrientes do solo. Así, por exemplo, a aplicación dun só nutriente pode afectar ao nivel doutros, caso da potasa (K) que unha vez disolta actúa como un extractante e despraza a outros catións como o calcio e o magnesio do complexo de cambio.
A profundidade das mesmas é así mesmo moi importante; pode realizarse de forma simple ou estratificada onde se examinan as mostras de solo a diferentes profundidades. Como mínimo deberíanse estudar os primeiros 6 -7 cm, e se se require estudar a mostra estratificada pódese continuar con outra mostra ata os 12 cm e así sucesivamente, sendo 3 profundidades máis que suficiente. Non é posible comparar resultados de mostras de diferentes profundidades ou estratos. Estas técnicas de estratificación daranos información de como se van producindo as lavaxes de sales, por exemplo, ou se existen deficiencias dalgún nutriente como o fósforo, de pouca mobilidade.
Tras o exame por parte de Stevens de miles de mostras de diferentes tipos de solo, comprobouse, independentemente da profundidade das raíces, que o maior intercambio de humidade e salinidade se produce nos primeiros 6-7 cm de solo

Conforme a auga de rega se equilibra coa auga de poro dos primeiros 6-7 cm, as diferenzas entre ambas as especiacións químicas diminúen e así os intercambios que se producen.
A obtención da mostra debe realizarse con ferramentas que permitan a replicación continuada da mesma profundidade, para iso existen trados específicos.

Ademais, a parte foliar debe incluírse na mostra e o laboratorio debe ser o que realice o peneirado da parte orgánica superior.



