Ensaios de salinidade en suspensións solo:auga

20 XAN 2017·2 MIN DE LECTURA
Ensaios de salinidade en suspensións solo:augaFOTO · TILOOM

A salinidade do solo é un factor limitante na xestión de superficies deportivas. Ata a década dos 50 isto analizábase a través do ensaio de pasta saturada, non obstante o uso de suspensións de solo:auga a diferentes proporcións tales como 1.1, 1:2, 1:5 e 1:10 é un proceso máis rápido e sinxelo que a obtención da pasta saturada.

Existen estudos realizados sobre diferentes texturas de solos: areosos, francos e arxilosos, para poder correlacionar os resultados e chegar aos valores que nos proporcionaría un ensaio de pasta saturada, Sonmez et al., 2008

Solo:auga Ecuación de regresión r²

Solo areoso

1:1 ECe (dSm‾¹) =2.42 x 0.98

1:2.5 ECe=4.41 y 0.99

1:5 ECe=7.98 z 0.98

Así, a medida de 1 dS/m en CE medida en suspensión solo:auga 1:1 é o mesmo que dicir 2.42 dS/m medido en pasta saturada. Lembremos que as tolerancias das diferentes variedades están rexistradas na bibliografía en unidades medidas en ensaios de pasta saturada e, por tanto, se os resultados veñen dados por outros ensaios é necesario saber a súa equivalencia ao ensaio de referencia.

Solo franco

1:1 ECe=2.06 x 0.99

1:2.5 ECe=3.96 y 0.99

1:5 ECe=7.62 z 0.99

Solo arxiloso

1:1 ECe=1.96 x 0.99

1:2.5 ECe=3.75 y 0.99

1:5 ECe=7.19 z 0.98

De igual forma determináronse as concentracións dos diferentes solutos nesas distintas suspensións solo:auga correlacionadas coas de pasta saturada segundo o seguinte cadro (amosamos unicamente aquelas de textura areosa típica de greens):

Parámetro ecuación de regresión r²

Suspensións 1:1 solo:auga

EC, dSm‾¹ SP=2,42 x 0.98

Cl, mel‾¹ SP=3.33 x 0.92

K, mel‾¹ SP=1.31 x 0.41

Na, mel‾¹ SP=2.55 x 0.99

Ca, mel‾¹ SP=3.14 x 0.59

Mg, mel‾¹ SP=4.88 x 0.97

Así, se medimos o cloro nunha suspensión solo:auga 1:1 e presenta 1 me/l de Cl, isto é o mesmo que dicir que existen 2.55 me/l medidos en pasta saturada.

Suspensións 1.2.5 solo:auga

EC,dSm‾¹ SP=4.41 y 0.99

Cl, mel‾¹ SP=6.02 y 0.99

K, mel‾¹ SP=2.49y 0.81

Na,mel‾¹ SP=4.48y 0.99

Ca,mel‾¹ SP=5.36y 0.99

Mg,me‾¹ SP=10.52y 0.99

Suspensións 1:5 solo:auga

EC,dSm‾¹ SP=7.98z 0.98

Cl,mel‾¹ SP=10.24z 0.98

K,mel‾¹ SP=3.08z 0.67

Na,mel‾¹ SP=8.42z 0.99

Ca,mel‾¹ SP=9.75z 0.97

Mg,mel‾¹ SP=16.40z 0.96

Baseándonos nos resultados tan altamente correlacionados coas ecuacións de regresión obtidas, pódese concluír que os extractos de 1:1, 1:2.5 e 1:5 solo:auga poden usarse para estimar a condutividade do extracto de pasta saturada e as concentracións dos diferentes solutos do solo. Existen ademais correlacións para solos francos e arxilosos. Esta estratexia serve para realizar os ensaios de forma máis rápida e a menor custo analítico. Un beneficio de usar a suspensión 1:2.5 solo:auga é que esta mesma pode utilizarse para a medición do pH, ademais é a que presenta un menor erro no cálculo do potasio. Non obstante, a máxima precisión estará dada polo ensaio de pasta saturada en si mesmo.

#PH#SALINIDAD#POTASIO#PASTASATURADA#ARCILLOSO#ARCILLOSOS

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.