PROCESOS REDOX

10 ABR 2017·2 MIN DE LECTURA
PROCESOS REDOXFOTO · TILOOM

Os procesos de osidación-redución exercen un control moi importante nas concentracións naturais de osíxeno, ferro, metano, etc… na rizosfera; ademais serven  para determinar os niveis de lixiviación do nitróxeno.

pHmetro FieldScout SoilStick pH

Os procesos redox realízanse a través da transferencia de electróns dun átomo cara a outro. A orde na que se producen pode predicirse a través das dinámicas termodinámicas de equilibrio. Estes procesos adoitan ser moi lentos, a non ser por mediación de catálise microbiana. Un exemplo diso é a redución de sulfatos da materia orgánica, que sería lentísima de non ser pola acción microbiana, Desulfovibrio sp, que a través da acción enzimática cataliza o proceso e a reacción pode darse de forma rápida nos ambientes naturais. 

Estes procesos redox necesitan de axentes osidantes como o osíxeno ou os nitratos. Non obstante, a acción de axentes redutores tales como a materia orgánica disolta na auga de poro dos perfís dos nosos greens tamén dá lugar a estes procesos.

Rolo aireador

Rolo aireador Premium 30cm GREENKEY 700

Prezo: 50€

Comprar en Amazon

Aireador para zapatos

Aireador de céspede para zapatos ABREOME

Prezo: 30€

Comprar en Amazon

Aireador manual

Aireador de céspede manual Kingfisher

Prezo: 30€

Comprar en Amazon

Un exemplo destes procesos pode darse co Fe+2 e o Mn +4, tal que así:

2 Fe+2 + MnO2 + 4H+ <> 2 Fe+3 + Mn+2 + 2H2O

Nesta reacción, dous electróns son transferidos de Fe(2) para reducir Mn(4) en MnO2. O ión ferroso actúa como redutor e reduce Mn(4), mentres que MnO2 pode chamarse osidante e oxida a Fe+2. Os electróns intercámbianse entre os átomos e non existen como “libres” na solución da auga de poro.

A medición do Eh (V), potencial electroquímico determina a distribución de todos os equilibrios redox, de forma moi similar a como o pH expresa a distribución de todos os equilibrios ácido-base.

Tiloom - PROCESOS REDOX - Ph y potencial redox
Efectos do pH sobre as especies osido-redutoras

A medición realízase a través dun electrodo inerte de platino contra un electrodo estándar cun potencial coñecido (Grentheet al., 1992 e Christensen et al., 2000)

Tiloom - PROCESOS REDOX - Gradiente de osidoreducción
Gradiente de osidación-redución na rizosfera

Así, podemos ver diferentes procesos dependendo das medicións realizadas:

Especie osidada   Especie reducida  mv          mv            Osíxeno disolto (ppm)

O2                            H2O                         +750        +800       12 Sobresaturación

NO3-                       NO2-                        +450       +400        4.0

NO2-                      NH3                          +400       +350        0.4 Desnitrificación

Fe+3                      Fe+2                          +300       +200        0.1 Redución ferrosa

SO4-                      S2-                              -150         -200        0.0 Redución de sulfato

CO2                       CH4                            -250        -300         0.0 Metanoxénese

Tiloom - PROCESOS REDOX - Reducción ferrosa capa negra
Potencial redox de polo menos -150 milivoltios para a formación da capa negra

A utilización de ozono inxectado no sistema de rega mantén o perfil dos greens en condicións aeróbicas, poténciase unha rizosfera ben desenvolvida, neutralízase o consumo de osíxeno polos biofilms e todas as superficies deportivas mostran unha maior uniformidade.

Pódese coñecer o potencial redox da auga con instrumentos moi accesibles como:

Medidor SoilStick de ORP (Redox)

#LIXIVIACIÓN#AGENTESOXIDANTES#AGENTESREDUCTORES#CATÁLISISMICROBIANA#EQUILIBRIOSREDOX#EQUILIBRIOSÁCIDO-BASE

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.