Problemas de infiltración por cementación do ferro
FOTO · TILOOM
A velocidade de infiltración da auga nas superficies deportivas é un parámetro fundamental para asegurar as propiedades físicas dos substratos. Para determinala utilízase o infiltrómetro de dobre anel.
As baixas taxas de infiltración prodúcense debido a malas seleccións de áridos, compactacións do terreo e acumulacións excesivas de materia orgánica. Agora coñecemos outra razón: a precipitación de óxidos de ferro
As malas seleccións de áridos, as compactacións do terreo e as acumulacións excesivas de materia orgánica son situacións comúns nas que se producen resultados baixos no ensaio de infiltración, pero hai outras causas posibles derivadas das diferentes especiacións do ferro.
O ferro achégase a través da fertilización ou como consecuencia da mineralización da materia orgánica, fundamentalmente como Fe (II). Estas formas poden producir, en perfís arenosos propios de greens, campos deportivos ou cultivos agrícolas sobre terreos ácidos moi permeables, a lixiviación do exceso de ferro non asimilado polas raíces cara ás capas máis profundas, ata chegar aos sistemas de drenaxe; se estes ademais presentan natureza alcalina e ambiente aeróbico, prodúcese a oxidación desa Fe (II) e a súa precipitación como óxidos de ferro (III), o que provoca unha capa ou horizonte no límite entre a capa arenosa e a capa drenante de grava. Este fenómeno é aínda máis significativo canto máis ácida sexa a area e máis básica sexa a grava drenante.

Cantas máis unidades de diferenza existan entre o pH da area do substrato e o pH da grava, maior grosor de capa de óxidos de ferro se formará nese horizonte e peor será a infiltración pola formación desa capa de selado
O pH do solo controla o movemento do ferro a medio prazo, aínda que as condicións de potencial redox do solo fano a longo prazo; as formas ferrosas (Fe +2) predominan en ambientes anaeróbicos e as férricas (Fe +3) en condicións aeróbicas
Phímetro FieldScout SoilStick pH
Por tanto, é interesante ter en conta este aspecto á hora de seleccionar a natureza da grava, xa que as de reacción ácida son menos propensas a producir estes problemas no futuro. Ensaios relativos a estes fenómenos están sendo estudados por Glen Obear e Bill Kreuser, Universidade de Nebraska, Lincoln, a través duns dispositivos construídos para tal efecto https://www.youtube.com/watch?v=iJzYzuITz44
Se desexas valorar problemas de infiltración no teu campo, non deixes de contactarnos e ofreceremos a mellor solución para cada problema específico.



