Modelo de pragas: como funciona e por que importa
FOTO · TILOOM
Nunca te preguntaches como funciona un modelo de pragas? Ultimamente os modelos están poñéndose moi de moda debido ao aforro de insumos e ao incremento da calidade do produto.
Para que un modelo contra as enfermidades das plantas ou contra insectos funcione correctamente necesita recompilar os datos que o modelo utiliza. Cada modelo utiliza distintos sensores, pero normalmente os máis utilizados son o sensor de temperatura, o sensor de humidade relativa, o sensor de temperatura do solo ou o sensor de humidade de folla.



Os sensores máis habituais para facer modelos son os medidores de humidade das follas, o sensor de temperatura do solo e os sensores de humidade relativa e temperatura.
O sensor de humidade de folla mide a cantidade e o tempo que a folla da planta permanece mollada. O sensor de temperatura do solo é imprescindible para saber cantos graos día teñen os ovos dos insectos do solo e así saber en que momento do ciclo están. Por último, o sensor de temperatura e humidade axuda a coñecer tamén o ciclo de fungos e insectos.

Como se ve no rexistro de variables, o modelo acumula os datos dos sensores e aplica as ecuacións nas que relaciona as variables. O resultado da relación de variables é o DSV, do inglés Desease severity value. En galego, coñecido como o valor de gravidade da enfermidade. O DSV vai acumulándose cada vez que as condicións climáticas son favorables para o desenvolvemento da enfermidade; haberá días nos que non se acumule ningún punto, e outros días acumularase máis dun. A suma total dos DSV é o “perigo“ que ten a enfermidade de producir danos.
Cada produtor establece un DSV límite a partir do cal aplica o tratamento.
A labor do agricultor é establecer cal será o límite a partir do que debe realizar unha aplicación. Normalmente 15 DSV é un valor estándar para realizar unha aplicación preventiva. A experiencia coa ferramenta é clave para establecer un límite na túa finca.

No exemplo da captura superior pódese ver que o modelo TomCast usa un sensor de temperatura e de humidade da folla para facer os seus cálculos.
Non só se pode establecer seguimento de enfermidades, tamén se pode realizar de insectos. Hai unha enorme cantidade de modelos de insectos distintos, para todo tipo de cultivos, desde cítricos ata aguacates, pasando polo céspede.
Utilizar modelos de pragas é perfecto para mellorar a calidade das colleitas.

Utilizar os modelos de enfermidades é esencial para lograr que as aplicacións de fitosanitarios sexan óptimas. Queremos que a agricultura se profesionalice e que as marxes e a calidade aumenten. Se queredes máis información non dubides en poñerte en contacto connosco. Axudarémosche a montar o teu sistema para adiantarte aos problemas
Monitorización de cultivos WatchDog
Escríbenos a soporte@tiloom.com



