Graos día – Reguladores de crecemento
FOTO · TILOOM
Os diferentes céspedes seguen uns ciclos vitais anuais definidos polo concepto graos día. Definindo uns estados fenolóxicos como son a xerminación, crecemento, floración, repouso invernal, etc. Todos estes estados fenolóxicos complétanse cando as distintas variedades acumularon unha temperatura máis ou menos concreta. A forma de cuantificar esta acumulación térmica é o que se coñece como integral térmica. Un método consiste en aproximar as temperaturas diúrnas a unha curva (Baskerville e Emin, 1969; Dannerger e Vargas, 1984). Non obstante, o método máis común é aquel no que se toman as temperaturas medias diarias, e coñécese como graos día que son unha medida das unidades de calor por riba dun limiar de temperatura media. A acumulación destas unidades de calor dá lugar a uns parámetros que serven para predicir diferentes aspectos interesantes desde o punto de vista da xestión agronómica.
Grao día = [(max + min)/2] – T Base
Onde max é a temperatura máxima; min, é a temperatura mínima; e T Base é a temperatura limiar.
Así, diferentes variedades presentan diferentes graos día para que se realice, por exemplo, a xerminación . É dicir, para unha temperatura limiar 0, se temos unha temperatura media de 15ºC durante, digamos, 10 días, isto significaría que 15 x 10 = 150 graos día son os acumulados para ese período nesa época; se pola contra a temperatura media fose de 10 graos, necesitariamos 15 días para alcanzar, por exemplo, a xerminación da mesma variedade, pois neste caso 10 x 15 = 150 graos día.
Os reguladores de crecemento suprimen o crecemento pero provocan á súa vez un efecto rebote de maior crecemento pasado o efecto do mesmo, polo que é necesario solapar tratamentos para evitar estes rebotes.

Os solapamentos necesarios nos tratamentos foron estudados polo Dr. William Kreuser e o Dr. D. J. Soldat, e establecen os seguintes intervalos de graos días para especies C3 Agrostis e Poa annua en greens:
Ingr. activo Supresión Duración efecto Intervalo aplicación
Trinexapac-ethyl 20% 800 graos días 230 graos días
Paclobutrazol 30-50% 850-950* ” 280-310* ”
Flurprimidol 20-30% 600-800* ” 210-270* ”
Prohexadione-Ca 25% 840 ” 280
*Rango de dose de aplicación baixa-alta
Para o caso de especies C4, a temperatura base para o cálculo dos graos días é 10º C, é dicir, que nos exemplos anteriores, en caso de greens de bermuda, para unha temperatura media de 15º C teriamos que restar 10 unidades a estas medias, sendo 5 x 10 = 50 graos día; por tanto, como é lóxico para variedades C4, a xerminación alcánzase a temperaturas máis altas que en variedades C3.
Ademais existen estudos que indican que os céspedes descompoñen estes compostos máis rapidamente conforme aumenta a temperatura, Branham et al. Por tanto, pódese ver unha diminución da súa efectividade nos meses estivais. Valla mencionar o caso práctico do Dr. Karl Danneberger e a súa aplicación de trinexapac-ethyl, usando o intervalo de 200 graos día, polo que as aplicacións de primavera e outono significaron períodos de entre 13 e 27 días (17 aplicacións), mentres na época estival os períodos entre tratamentos foron do entorno de 8 días (29 aplicacións).
Son moitas as aplicacións que se poden obter co cálculo dos graos día, así é posible estimar o momento idóneo para a aplicación de reguladores de crecemento para a supresión da floración na Poa annua; aplicación de herbicidas preemerxentes, evitar o efecto rebote dos reguladores de crecemento, etc…



