Estrés por frío
FOTO · TILOOM
A temperatura é un factor clave para o desenvolvemento de calquera cultivo e o estrés por frío é determinante.
A localización é fundamental á hora de decidir un céspede axeitado e ben adaptado ás condicións previstas en xeral. Se a zona ten un inverno ben marcado, os céspedes C3 teñen máis posibilidades de sobrevivir ca os C4 durante eses períodos. De máis resistente ao frío a menos resistente ao frío, poderíase definir esta orde:
Poa trivialis
↓
Agrostis stolonifera
↓
Poa pratensis
↓
Poa annua
↓
Festucas
↓
Lolium perenne
↓
Lolium multiflorum
Os céspedes C4 son menos resistentes ca calquera dos anteriores a temperaturas por debaixo de 12 ºC.

Algo que non se ten moi en conta á hora de coidar céspedes que van soportar temperaturas baixas é a drenaxe. As condicións de saturación altas prexudican gravemente a supervivencia do cultivo. Durante as épocas frías o céspede apenas crece e non evapotranspira, polo que pode vivir en perfís secos e ben drenados. Ademais, un céspede moi túrxido é máis propenso a sufrir danos polo frío.
A nutrición é clave para que o céspede pase o inverno: foxe dos excesos de nitróxeno e achégate ao potasio e ao fósforo.
As aplicacións de fertilizantes nitroxenados antes da época invernal axudan a aumentar a turxencia da planta en vez de facer os seus tecidos máis groesos e robustos. En cambio, o fósforo e o potasio son dúas boas muletas nas que apoiarse.



