A refrixeración vexetal
FOTO · TILOOM
A refrixeración vexetal é unha actividade continua en case todos os cultivos no verán. A forte achega de calor na época veraniega non se poderia superar sen os mecanismos naturais de arrefriamento.
As plantas utilizan a auga para transportar os seus nutrientes. Primeiro, en dirección das raíces ás follas, transpórtase a auga cargada de ións como o nitróxeno, o calcio ou o fósforo… Despois utilizan a auga para transportar polo floema os hidratos de carbono xerados durante a fotosíntese.
A auga na planta ten distintas funcións, todas igual de importantes, aínda que non todas consumen a mesma cantidade de auga.
- Mantemento da turxencia e disolvente universal.
As plantas herbáceas non teñen ósos, nin tampouco un cámbium que xere unha madeira resistente. Para manter a súa estrutura utilizan dous elementos. As células da auga teñen unha pequena capa de celulosa que confire algo de resistencia. E por outro lado énchense de auga líquida, que é o que xera unha consistencia suficiente como para manterse erguidas. Tamén esa auga é o líquido sobre o que se disolven todos os elementos nutritivos e ocorren todas as reaccións metabólicas da planta.

A auga retida pola planta estímase só no 5% da auga total que circula por ela en todo o seu período vital.
Realmente o consumo de auga para manter a turxencia e realizar as súas funcións metabólicas non é demasiado elevado, tan só a cantidade de auga contida pola planta que se vai renovando continuamente polas seguintes funcións da auga na planta.
- Intercambio gasoso.
A auga xunto co O2 son dúas moléculas que na súa forma gasosa colaboran para manter as concentracións de CO2 axeitadas nas células das follas. Tanto o vapor de auga como o O2 saen da planta por uns pequenos orificios chamados estomas. Os estomas son tanto portas de entrada como portas de saída, ábrense en función das necesidades da planta. As máis adaptadas teñen máis facilidades para manter os estomas pechados en períodos secos.
Para que o intercambio gasoso ocorra hai que evaporar auga e xerar un potencial que permita a entrada de CO2 á planta, pero este está pouco favorecido de forma natural. As moléculas de auga son máis pequenas que as de CO2 e por iso sae máis auga da que entra de CO2. Por outro lado, a concentración atmosférica de CO2 é baixísima. Representa menos do 0,04% da concentración de gases total da atmosfera. Polo que o potencial de entrada é moi baixo, comparado co potencial de saída de auga á atmosfera. Isto débese a que o aire xeralmente non está saturado e sempre demanda máis auga.
O hidróxeno é o elemento máis pequeno que hai, isto fai que a auga sexa unha molécula moi pequena.
- Protagonista na fotosíntese.
Para xerar a glicosa que a planta necesita para completar o seu metabolismo, a planta usa a auga como doadora de electróns para permitir a reacción da fixación do CO2. A auga é un axente redutor moi débil, pero coa enerxización por parte dos fotóns e a clorofila permite converter o CO2 en enerxía química.
6 CO2 + 6 H2O → C6H12O6 + 6 O2
O consumo de auga por este método é moderadamente pequeno. Considérase que o maior gasto de auga se debe á refrixeración.
- Arrefriamento por transpiración.
Aquí é onde está o groso do consumo hídrico nos cultivos. As plantas teñen o seu propio sistema de refrixeración, está baseado na evaporación de auga e é o responsable do maior consumo de auga. O paso de auga líquida a auga gasosa demanda unha gran cantidade de calor, e ese calor tómase da planta. É o mesmo sistema que utilizamos os humanos para refrescarnos, o suor. Polo que o vapor de auga xunto coa enerxía necesaria para evaporalo son liberados á atmosfera.
A orografía do campo tamén importa á hora das necesidades de refresco. Como é evidente, as zonas de soleira aumentarán moito máis as necesidades ca as de umbría.
En ocasións as zonas estresadas poden ser reanimadas cun lixeiro rego de refresco. Este tipo de rego consiste en aplicar unha chuvia moi lixeira administrada ou cunha volta de aspersor, ou cunha boquilla que ofreza unha pinga moi fina. Esta pequena achega de auga actuará como suor e refrescará o céspede.

Esta técnica é moi sinxela e ten un gran impacto na saúde da planta e arrefriará a superficie máis rapidamente que só a través da transpiración.
Cada gramo de auga absorbe unhas 590 calorías.
Como todo organismo en si, é outro universo, a magnitude da transpiración varía dunha planta a outra. A perda de auga en cereais, por exemplo o millo, que perde entre 2 ou 3 kg de auga a diario, é moi distinta á dun cacto grande que apenas pode perder 25 g de auga a diario, por iso é importante coñecer a taxa de perda de auga e evapotranspiración de cada cultivo.
En céspedes de alto rendemento utilízanse outras técnicas como a ventilación forzada, que diminúe o risco de fungos, pero aumenta moito a evapotranspiración do solo e ten un alto custo enerxético.




