Acumulación de carbohidratos

14 AGO 2019·2 MIN DE LECTURA
Acumulación de carbohidratosFOTO · TILOOM
Compartir

A acumulación de carbohidratos é un proceso importantísimo para o desenvolvemento correcto do cultivo, pero, para que serve? Os azucres producidos durante a fotosíntese non se utilizan de forma inmediata durante a respiración. Gran parte do producido acumúlase en distintas partes da planta para momentos de necesidade.

Os carbohidratos producidos utilízanse para impulsar as reaccións bioquímicas que permiten o desenvolvemento vexetal.

Cando a fotosíntese é rápida pero o crecemento e a respiración son lentos, os carbohidratos acumúlanse en distintas partes da planta, desde as raíces pasando pola coroa ou os talos. Un momento moi frecuente de acumulación de carbohidratos é a finais de outono. Nesa época as temperaturas baixan, polo que o crecemento se ve limitado, pero segue habendo suficiente insolación como para que haxa unha fotosíntese rápida. Esas reservas acumuladas utilizaranse lentamente durante o inverno para manter o individuo en bo estado fisiolóxico aínda que aletargado. Á entrada da primavera os carbohidratos restantes utilizaranse para impulsar o vigoroso crecemento que facilitan as temperaturas suaves e o aumento progresivo da insolación.

Tiloom - Acumulación de carbohidratos - coroa
Zonas de maior acumulación de carbohidratos

A acumulación outonal serve para pasar o inverno e o vigoroso crecemento primaveral.

Estes carbohidratos acumulados son especialmente importantes na primavera. É moi común que durante esa época do ano se produzan xeadas nocturnas. Por pequenas que sexan, estas xeadas teñen o potencial suficiente para danar os tecidos suculentos recén brotados. Os tecidos danados non poden crecer e a planta, grazas ás reservas acumuladas, poderá desenvolver novos crecementos.

Durante o desenvolvemento primaveral, os gromos teñen prioridade sobre as raíces no uso de carbohidratos, xa que os gromos serán os que produzan novos hidratos de carbono cando estean desenvolvidos. Por iso a falta de carbohidratos provocará unha forte perda do sistema radicular.

Tiloom - Acumulación de carbohidratos - frost 3 768x1024
Danos ocasionados polo tráfico sobre zonas xeadas

Debido ao explicado anteriormente, a acumulación de azucres na planta é unha actividade crucial para o seu desenvolvemento e supervivencia. Unha planta ben nutrida de azucres terá a capacidade de defenderse de pragas e de reconstruírse dos danos causados polo estrés.

Os coidadores de cultivos plurianuais deben ter sempre en conta esta acumulación e estimulala na medida do posible. Débense practicar cortes, fertilizacións e regas que eviten a estimulación excesiva do crecemento e o esgotamento dos carbohidratos almacenados.

Algúns greenkeepers pensan que pode ser boa idea deixar que a pradeira produza sementes para aumentar o banco natural de sementes do solo. Isto a priori parece unha boa idea, pero ten dous inconvenientes importantes.

  • A semente producida non ten a mesma xenética que a semente sementada, pois o céspede é unha planta alóxama, é dicir, que se poliniza de forma cruzada, unindo-se con outros individuos. As únicas plantas que non se verían moi afectadas serían as variedades puras ou xenotipicamente homoxéneas.
  • A produción de semente é un proceso prioritario fisioloxicamente que desgasta en gran medida as reservas de hidratos de carbono da planta e que pode producir problemas de establecemento nas épocas do ano menos favorables para o céspede sementado.

Existen produtos no mercado preparados concretamente para coñecer o grao de desenvolvemento vexetal e a súa saúde; os sensores NDVI e os medidores de clorofila poden axudarche moito a determinar se a saúde do teu céspede é a adecuada.

Medidor CM 1000 NDVI

#CARBOHIDRATOS#AZUCARES#HIDRATOSDECARBONO

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.