Transición de rye grass a bermuda

10 MAR 2017·2 MIN DE LECTURA
Transición de rye grass a bermudaFOTO · TILOOM

A transición da bermuda resementada con rye grass a bermuda require a utilización de herbicidas específicos para tal tarefa, ademais a temperatura do solo debería ser superior aos 10ºC e a temperatura foliar superior a 15ºC.

Se os herbicidas non son utilizados no momento da transición, isto dará lugar a manchas de rye grass na bermuda que pasou por unha serie de procesos fisiolóxicos de resistencia ao estrés estival que provoca unha menor eficiencia dos tratamentos.

O éxito da cobertura de bermuda precisa de polo menos 100 días sen competencia de rye grass, para poder desenvolverse de xeito óptimo. Por tanto, o potencial de crecemento que se dá nas diferentes localizacións ha de terse en conta para a recuperación estival e a programación da seguinte resementeira outonal.

Tiloom - Transición de Rye Grass a Bermuda - Screenshots 2017 03 10 00 39 44
Potencial de crecemento nunha zona determinada

Os herbicidas recomendados son os seguintes:

  1. Sulfosulfurón, para o seu éxito poden ser necesarias varias aplicacións; as repeticións han de realizarse sempre que as temperaturas estean por riba dos 27ºC
  2. Flazasulfurón, usar cando polo menos existe un 50% de reverdecemento.
  3. Pronamide, moi lento pero moi efectivo, pode retrasar o reverdecemento.
  4. Metsulfurón, necesítanse varias aplicacións para a súa eficacia.
  5. Trifloxisulfurón-sodio, usos de baixas doses para transición gradual e alta dose con altas temperaturas para transición rápida.
  6. Foramsulfurón, aplicación repetida ás 4-6 semanas para máxima eficacia; as doses máis altas precisan de altas temperaturas.
  7. Rimsulfurón, varias aplicacións son necesarias para a súa eficacia.

Greg Breeden, James T. Brosnan, Thomas J. Samples Department of Plant Science University of Tennessee.

É máis recomendable un tratamento algo máis tarde e menor dose que cedo e maior dose, pois desta forma o dano á bermuda é menor e a recuperación máis rápida.

Estudos da Universidade de Arizona, Phoenix, indican que os tratamentos de foramsulfurón, flazasulfurón e trifloxysulfurón a partir de maio reduciron a calidade do rye grass e a súa eliminación foi completa ao chegar ao mes de xullo; ademais, o control de poa foi total con foramsulfurón, mentres que con tryfloxisulfurón se chegou a un control do 88% de poa. Polo lado negativo, estes herbicidas deron lugar a zonas con danos á bermuda. Con todo, o tratamento con pronamide foi menos efectivo fronte ao rye grass e poa annua pero con menor dano á recuperación da bermuda.

#BERMUDA#RYEGRASS#RESIEMBRA#FLAZASULFURÓN#FORAMSULFURÓN#METSULFURÓN

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.