Danos por ataques de xabaríns en céspedes
FOTO · TILOOM
Os xabaríns son cada día un problema máis acusado nos céspedes de campos de golf; a falta de depredadores fai que se convertesen nunha praga difícil de solucionar.
A dificultade para conseguir autorizacións de batidas fai que os medios para a eliminación ou afugentamento dos mesmos se limiten ao uso de pastores eléctricos, os cales non poden utilizarse en toda a zona do campo por razóns obvias; permisos de espera e caza cos que se permite o cebado e a eliminación de certos exemplares “recechos nocturnos”, o que ás veces pode á súa vez atraer máis exemplares; uso de sprays ; bólas de alcanfor; uso de pelo humano esparexido; e ata parece que se está comercializando ouriña de lobo… aínda que finalmente se acostumarán a todo este tipo de sistemas.

Os destrozos están motivados pola procura de alimento, xa sexan trufas, landras, cogomelos, caracois, vermes, etc. Os máis daniños son os grupos de xabaríns coas súas crías ou “rayones” , adoitan ir en mandas e son moi daniños. A época de cio dáse entre novembro e principios de decembro.

Xeralmente os ataques prodúcense en antegreens ou roughs especialmente húmidos e de herba alta, para revolcarse e regular a súa temperatura, raramente nos greens debido, segundo se di, a que as bandeiras dos greens son tocadas diariamente polos xogadores e ese cheiro os mantén afastados.

Na península Ibérica temos dúas subespecies: o Albar (Sus scrofa castilianus) e o Arocho (Sus scrofa baeticus).
Tiloom recomenda ante todo moita paciencia…



