Potencial de crecemento

19 XUL 2016·2 MIN DE LECTURA
Potencial de crecementoFOTO · TILOOM

O potencial de crecemento (ou growth potential, GP) é unha relación ou medida que serve como ferramenta para relacionar o crecemento do céspede dos greens, fairways ou tees e as temperaturas das distintas zonas en estudo. Foi desenvolvido por PACE Turf (W. Gelernter e L. Stowell) e utiliza as temperaturas medias mensuais (t) e as temperaturas óptimas de crecemento (to), xa sexan de clima cálido (30.5°C/87.5°F) ou de clima frío (19.5°C/67.5°F) para relacionalas co crecemento desexado.

potencial crecimiento
Fórmula de cálculo do potencial de crecemento

Na expresión que permite obter o valor do potencial de crecemento, var é unha constante de valor 10 para a especie C3 e valor 12 para a especie C4.

O valor do potencial de crecemento oscila entre 0 (ningún crecemento) e 1 (máximo crecemento)

Se realizamos un mantemento que consiga equilibrar os factores de crecemento como son auga e luz solar, achegándoos de forma óptima, podemos estimar o potencial de crecemento segundo o estudo das temperaturas.

Outro interesante resultado froito da análise do anterior consiste en solapar as gráficas de Growth Potential, GP, de especies de clima frío e clima cálido para a mesma localización. O solapamento das gráficas dará como resultado as datas idóneas para a sementeira de cada especie. Véxase gráfico adxunto.

solapeGP
Gráfica do potencial de crecemento ao longo do ano para dúas especies de cespitosa diferentes en zona mediterránea

A interpretación desta gráfica (calculada para unha zona mediterránea) mostra como as especies de clima frío ou C3 (Agrostis, Poa Anua ou Rye Grass) teñen un maior potencial de crecemento para as temperaturas propias da primavera e o outono. Sen embargo, as cespitosas de tipo C4 (Cynodon Dactilon ou Paspalum) teñen un máximo rendemento no verán.

Os “picos altos” de ambas as dúas gráficas amósannos as épocas de maior rendemento de cada especie, e algúns greenkeepers adoitamos facelas coincidir coas labores de aireación do campo, para lograr unha recuperación máis rápida da planta nesas épocas pola súa maior capacidade de medrar e rexenerarse.

Da gráfica pode extraerse outra conclusión: observando o cruce de ambas as dúas liñas podemos determinar o momento ideal para resementar especies como o Rye Grass C3 nun terreo cunha maior parte de superficie de Cynodon Dactilon C4 (especie de clima cálido) se o campo de golf está na área mediterránea peninsular, atopando un potencial de crecemento común do 80% onde a nova especie de clima frío comezará a compensar a ralentización da cespitosa C4 sementada como base.

#CÉSPED#MANTENIMIENTO#GREENS#CRECIMIENTO

Comentarios

…
Escribe a túa opinión

Cóntanos que precisas e responderémosche en menos de 24 h laborables.

Deixáanos o teu nome e o teu correo e comezará a descarga do catálogo en PDF.