Uniformidade da rega
FOTO · TILOOM
A eficacia do sistema de aspersión en canto ao solapamento dos arcos de rega e á uniformidade na distribución do reparto de auga é un parámetro moi importante para o diagnóstico da xestión da rega.
Un método tradicional da súa análise constitúeo o ensaio a través de pluviómetro, en particular o ensaio de uniformidade de distribución do cuarto máis baixo. O seu cálculo é o seguinte:
DU= (media de mililitros recollidos no cuarto máis baixo / media de mililitros total) x 100
É dicir, o 25 % das lecturas máis baixas dan unha media que se divide pola media total.
Unha DU do 100% indicaría unha uniformidade de distribución perfecta. En xeral, acéptase unha DU do 70% como boa, mentres que unha DU menor do 55% se considera pobre.
Hoxe en día, grazas a ferramentas como o POGO, é posible determinar a eficiencia xeral tendo en conta como a auga de rega infiltra no perfil do solo e está dispoñible para as raíces. O tipo de solo, a súa compactación, a dureza da superficie, a pendente, o drenaxe e as condicións ambientais afectan á infiltración da auga e, por tanto, á súa dispoñibilidade no perfil do solo. Por tanto, a determinación da distribución da uniformidade, como única análise, non pode asegurar por si soa a eficiencia da rega. Esta circunstancia comprobouse nunha auditoría de rega levada a cabo en Xeorxia, onde, ademais dun ensaio de rega con pluviómetro, se realizou unha medida das humidades dos perfís do solo a través de sensores de humidade similares á tecnoloxía de POGO.
Os resultados determinaron que os mapas de gradientes de humidade revelan diferenzas, a través dunha detallada análise da distribución da humidade. Non é posible determinalo unicamente a partir dos métodos tradicionais dos pluviómetros.

A tecnoloxía usada para crear mapas espaciais de gradientes de humidade está comezando a ser máis prevalente, pero desafortunadamente a súa adopción polos responsables de mantemento, head greenkeepers e outros responsables está sendo lenta.
De novo Tiloom, a través do seu equipo de enxeñeiros e de ferramentas de medicións precisas como o POGO, está sendo determinante para unha xestión eficaz nas instalacións deportivas.
Referencias: IA 2003. Irrigation Association. Certified golf irrigation auditor training manual. Irrigation Association of America. Falls Church, VA.
STMA. Conducting an Irrigation Audit. Sport Turf Managers Association.



