DETECCIÓN DE ENFERMIDADES NO CÉSPEDE XII: Gray Leaf Spot
FOTO · TILOOM
Gray Leaf Spot é unha enfermidade que afecta fundamentalmente ao Rye Grass e ás Festucas. O fungo patóxeno é o denominado Piricularia Grisea, que infecta e dana o tecido foliar.
A infección pode progresar cara á zona basal e resultar na morte do céspede. Infeccións leves dan lugar a decoloracións e diminución da densidade das superficies deportivas.

Os síntomas son parecidos aos que mostra o estrés hídrico, e perda foliar. O desenvolvemento pode ser moi rápido, mesmo con perdas de toda a superficie en un par de semanas. O micelio do fungo é diferente ao de tipo algodonoso visto noutras enfermidades como o Dollar Spot, o Brown Patch ou o Pithium.

O patóxeno preséntase, como tantos outros, de forma inactiva en restos orgánicos procedentes de segas ou no propio colchón ou thatch. Ademais, a propagación realízase a través da produción de esporas. As máis susceptibles son aquelas superficies deportivas recentemente sementadas e con altos niveis de fertilización nitroxenada.
As variedades de Rye como Linn, Premier e Pinnacle presentanse como as máis susceptibles, ademais de todas as variedades de festucas. Non afecta ao Agrostis, á Poa Annua nin á Poa Pratensis.
As mellores prácticas culturais son aquelas dirixidas a diminuír a humidade foliar. Por tanto, son moi recomendables a diminución do orballo da mañá a través de humectantes destinados a ese fin, evitar a rega da tarde ou mesmo as aplicacións foliares de ferro que secan a folla.
Os fungicidas máis recomendables son os do tipo Qol, como o metil-tiofanato, mentres que o Clortalonil ou os DMI teñen eficacia reducida.
Hoxe podes diagnosticala ti mesmo a través do teu Kit Phytfieldlab ou podemos recoller as mostras de solo e analizalas tamén a través de técnicas qPCR cos nosos laboratorios partners Microgaia Biotech , provedores do kit e da tecnoloxía de detección.




